Santana Motor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santana Motor SA
Land Rover Santana.jpg
Land Rover Santana, 1988.
TipoSociedade Anónima
Fundación1956
LocalizaciónLinares, Xaén Andalucía Andalucía
IndustriaMotor
Produtos4x4
Número de empregados1.152
Páxina websantana-motor.es
Notas
Quebrada en 2011, en liquidación.

Santana Motor S.A. foi unha fábrica de automóbiles situada en Linares (Xaén). Trátase da única empresa do sector 100% con capital español.

Historia[editar | editar a fonte]

Land Rover Santana Defender Serie II no Irixo.

Orixinalmente creouse en 1956 como a Metalúrgica de Santa Ana para fabricar maquinaria agrícola, pero en 1961 comezou a fabricar baixo licenza os automóbiles todoterreo Land Rover. Fabricou diversos modelos do mesmo, que tiveron unha enorme popularidade entre os agricultores e gandeiros españois. En 1983 Land Rover, debido a problemas económicos, cancelou a súa participación en Santana Motor, polo que a empresa comezou a comercializar versións do Land Rover baixo a marca Santana, como foi o Santana 2500, todoterreo bastante popular en toda a xeografía española durante os anos 80. A chegada ao mercado de novos modelos de todoterreo e unha certa obsolescencia tecnolóxica levou a Santana a buscar alianzas internacionais, que atopou en 1985 na marca xaponesa Suzuki. Dentro do acordo coa mesma fabricáronse modelos tales como o Samurai, Vitara e Jimny.

No ano 2003, Santana desenvolveu un modelo de todoterreo propio, o Santana Aníbal, baseado nos antigos Land Rover, e subministrado a exércitos como o español, o checo e o francés como vehículo todoterreo lixeiro.

Durante 2005, presentou oficialmente os modelos 300 e 350, vehículos todoterreo baseados no Suzuki Vitara, que se deixou de fabricar nas instalacións da multinacional xienense ese mesmo ano. O deseño frontal e traseiro correu a cargo do deseñador italiano Giugiaro.

2006 marcaría o primeiro ano de relación entre este fabricante español e a multinacional italiana Iveco (Fiat). Ese ano alcanzouse un acordo de colaboración para fabricar modelos en Linares coa marca e distribución de Iveco, modelo que saíu da cadea de montaxe en 2008 para ser comercializado en todo o mundo. O acordo tamén daba a posibilidade a Iveco de comprar Santana Motor ata 2010.

O primeiro modelo da relación Iveco-Santana foi o Massif, un todoterreo derivado do antigo Santana Anibal. Máis tarde lanzaríase o segundo modelo, denominado Campagnola (en honor ao mítico Fiat Campagnola), e que non e máis que un Massif en versión curta de 3 portas.

O 14 de setembro de 2009 finalizou a produción do Suzuki Jimny, dando tamén por acabada a histórica alianza co grupo xaponés Suzuki. O último acordo entre as dúas multinacionais daba a Santana Motor a posibilidade de fabricar o modelo Jimny baixo marca propia, tras cederlle o xigante xaponés a plataforma de dito modelo.

Modelos en fabricación[editar | editar a fonte]

  • Santana 300/350
  • Santana Aníbal (versión militar)
  • Iveco Massif
  • Iveco Campagnola

Acordos con outras empresas[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2005, Santana Motor e Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles (CAF) chegaron a un acordo para fabricar na factoría linarense vagóns de trens lixeiros metropolitanos, coñecidos popularmente como metros. Encargouse da fabricación de unidades para o metro de Sevilla.

En outubro de 2005, Santana Motor constitúe con Gamesa unha sociedade localizada en Linares para fabricar compoñentes para a montaxe de equipos de enerxía renovables, concretamente torres de aeroxeradores eólicos.

A partir de 2005, Santana Motor iniciou o seu proceso de diversificación, selando a primeira alianza cunha multinacional líder no seu sector, a que seguiron novos acordos con empresas do sector do transporte, do eólico o da enerxía solar.

Gamesa / Daniel Alonso[editar | editar a fonte]

Santana Motor e Gamesa acordaron en outubro de 2005 a posta en marcha dun proxecto industrial conxunto para a fabricación de compoñentes de equipos de enerxías renovables nas instalacións da factoría linarense. Para iso, as dúas firmas constituíron unha nova sociedade participada, Aemsa Santana, na que Gamesa era o socio maioritario co 70% e Santana Motor participaba co 30% restante.

Posteriormente, en xuño de 2007, o Grupo Daniel Alonso acordou con Gamesa a posta en marcha dun proxecto industrial conxunto para a fabricación de torres eólicas en varios centros produtivos en España, entre os que se atopa o de Linares. Este acordo supuxo a constitución dunha sociedade denominada Windar, da que formaba parte Aemsa-Santana.

A nova sociedade, Windar, construíu en Linares unha planta cunha superficie total de 10.000 metros cadrados, que se utilizaban para o montaxe de tramos de torres para aeroxeradores de última xeración de Gamesa.

A presenza de Gamesa e Grupo Daniel Alonso no complexo industrial linarense supuxo un gran impulso para Santana Motor, non só para manter a actividade industrial que tiña, senón para abrir unha nova liña de produción que posibilitaba a consolidación dos niveis de emprego e o futuro incremento dos mesmos. Igualmente, este acordo supoñía a radicación en Andalucía por primeira vez dunha gran empresa dedicada, entre outras actividades, ao deseño, fabricación e mantemento de aeroxeradores e que atopabase nunha interesante fase de expansión e internacionalización dentro dun mercado en claro auxe.

Iturri[editar | editar a fonte]

A multinacional sevillana Iturri e a firma Santana Motor acordaron no mes de xaneiro de 2007 iniciar un novo proxecto empresarial conxunto para a fabricación de vehículos industriais lixeiros contra incendios, emerxencias e catástrofes nas instalacións que a factoría linarense tiña en La Carolina. O acordo supuxo a constitución dunha nova sociedade participada na que Iturri era o socio maioritario co 75% e Santana Motor participaba co 25%.

A nova empresa iniciou a súa actividade sobre unha planta de 7.000 metros cadrados de superficie, dos que 4.000 estaban destinados a produción e oficinas, e o resto empregábase para a almacenaxe do produto acabado ou de vehículos aínda pendentes de adaptar a outros usos específicos (contra incendios, blindados, unidades repostadoras, etc).

Iturri Santana, que nunha primeira fase se dedicaba á fabricación de vehículos sanitarios, incorporou posteriormente outro tipo de modelos industriais do sector das emerxencias, contra incendios e catástrofes. O investimento requirido nesta fase inicial do proxecto roldaba os 1,2 millóns de euros, co fin de poder adecuar e equipar as instalacións existentes para que foran utilizadas na fabricación dos produtos da nova compañía.

Suzuki[editar | editar a fonte]

Santana Motor e Suzuki Motor Corporation subscribiron no mes de marzo de 2007 un novo acordo empresarial no que se establecía unha prórroga da licenza para a fabricación do todoterreo Suzuki Jimny ata setembro de 2009.

O acordo, froito das negociacións iniciadas no Xapón en 2005 polos responsables da Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa e Santana Motor cos da compañía nipoa, contemplaba ademais a cesión a Santana Motor, a partir de setembro de 2009 da plataforma sobre a que se fabricaba o modelo Jimny para que a firma xienense poidese comercializar este todoterreo coa súa marca, ao igual que viña facendo co Vitara dende 2006.

Enertol[editar | editar a fonte]

Dende novembro de 2007 a empresa automobilística Santana Motor reforzou o seu plan de diversificación creando unha alianza coa sociedade Enertol, da que formaba parte a empresa tecnolóxica israelí Ener-t e a compañía navarra Grupo Enhol. A nova sociedade ía a fabricar compoñentes para a industria termosolar, cunha nova planta industrial no municipio xienense de La Carolina.

Alstom[editar | editar a fonte]

A multinacional francesa Alstom, unha das máis importantes do mundo no sector das infraestruturas de xeración de enerxía e transporte ferroviario, anunciou no mes de outubro de 2007 a súa intención de instalar en Linares o seu Centro de Innovación y Tecnoloxía para o desenvolvemento de proxectos no ámbito da sinalización e infraestruturas ferroviarias.

Covasur[editar | editar a fonte]

Santana Motor reforzou en decembro de 2007 a súa liña de diversificación no sector ferroviario coa creación dunha nova sociedade froito da súa alianza coas empresas GEA 21, CAF e o Grupo Gallardo. O novo proxecto industrial céntrase na fabricación de vagóns de carga para o transporte de mercancías e denomínase Compañía de Vagones del Sur (Covasur).

Cronoloxía dos modelos[editar | editar a fonte]

Data Serie Descrición Imaxe

Modelos fabricados dende 1956 en Xaén[editar | editar a fonte]

1958-1962 Santana Serie II Land Rover serie II (88 polgadas) baixo licenza Rover. Land-Rover Santana 88 Guardia Civil.JPG
1974-1979 Santana Serie III Land Lover longo. Santana Series III.jpg
1998 Suzuki Jimny Suzuki/Chevrolet Samurai fabricado no Xapón e noutros países. 4x4 de 1.000 cc e 45 cabalos de potencia. 1998 Suzuki Jimny 01.jpg
2004 - 2011 Santana Aníbal O Aníbal ou PS10 para o mercado de fóra, é unha versión mellorada do Santana 2500 que á súa vez provén do Land Rover. Santana ps-10 pu front q.jpg
2007–2011 Iveco Massif Modelo derivado do Santana Aníbal. O Aníbal foi unha versión con melloras do Santana 2500 fabricado nos anos 1980 e 1990. O Massif é unha versión station wagon de 3 e 5 portas, pick-up. Massif Pickup klein.JPG

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]