David (automoción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emblema 1917
Emblema 1954
David 1917
David 1954
David Torpedo 2 S

David foi unha marca de automóbiles española do século XX, fabricados en Barcelona entre 1913 e 1923 e posteriormente entre 1951 e 1957.

A historia de David remóntase ao ano 1913 e vai ligada aos "ciclocoches"(pequenos coches, xeralmente de baixo custo fabricados principalmente entre 1910 e finais de 1920), utilizando distintatas motorizacións, a correa e a polea de transmisión daban 16 velocidades. as carrozarías adóitaban ser abertas de dúas prazas, pero tamén se fixeron versións de 3 prazas e pechadas. Esta primeira etapa durou ata 1923 aproximadamente, pero a empresa seguiu fabricando carrozarías de taxi para a súa montaxe en chasis Citroën, para os distribuidores españois.

Ao terminar a guerra civil e debido á escaseza de combustible en España na década de 1940, José María Morei Comas fabricou unha curta serie de vehículos eléctricos con chasis Citroën (uns 10 aproximadamente) e carrozaría tipo "haiga" que como rezaba a publicidade da época "é o vehículo digno da cerimonia nupcial".

Posteriormente xa nos anos cincuenta deseñou un micro coche de tres rodas, unha especie de moto carrozada ou, como el dicía, "non se trata dun coche cunha roda menos, senón unha moto cunha roda máis". Este cochiño fabricouse en versión turismo e tricamioneta de cinco rodas cunha produción global duns 60 exemplares entre 1951 e 1957.

As características técnicas deste vehículo foron as seguintes:

  • Motor: monocilíndrico anterior de fabricación propia (tipo M.2 t.1) de dous tempos de 76x76 mm (345 cc), refrixerado por turbina de aire accionada polo eixe do veo de manivelas, 10 CV a 4000 rpm. Compresión 5,7:1. Par máximo 2 m/kg. Carburador Solex. Depósito de aceite de dous litros. Instalación eléctrica: 6 V con dínamo de 100 W, batería 45 Amp e buxías de grado F-70.
  • Cambio de marchas e freos: seis relacións (tres marchas con multiplicador) máis marcha atrás, relacións de cambio: 1ª 1:26, 2ª 1:1,47, 3ª 1:1,04. Marcha atrás -1: 4,2. Embrague: discos múltiples bañado en aceite. Freos mecánicos sobre as tres rodas. 240 cm² de superficie total de freado.
  • Chasis: barra central lonxitudinal sobre a que se apoia o tren traseiro. O tren dianteiro consta de conxunto de dirección-suspensión, virando o motor xunto coa roda, suspensión dianteira por béstas e resorte espiral e traseira por láminas de torsión, dirección por semicorona e piñón con 3,40 m de diámetro de xiro. Pneumáticos: 4.00 x 8, presión 1´5 dianteiro e 1´75 traseiro.
  • Medidas e peso: ancho de vía traseiro: 1´20 m, distancia entre eixes; 1´70 m, lonxitude total: 2´80 m, anchura total; 1´40 m altura total: 1´40 m (capotado), altura do chan: 0´20 m, peso: 280 kg (os primeiros modelos pesaban 215 kg).
  • Carrozaría: tipo monocasco de estilo torpedo aberta con ou sen capota. Houbo un modelo pechado e a tricamioneta aberta. Asentos: 2 + 2, depósito de gasolina: 18 l.
  • Prestacións: velocidade máxima 68 km/h (modelo normal) e 58 a tricamioneta, consumo 5 litros/100 km.

Outros vehículo dese nome[editar | editar a fonte]

Co nome David existiu outro micro coche fabricado por Casalini.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]