Francesc Cambó
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de setembro de 1876 Verges, España |
| Morte | 30 de abril de 1947 Buenos Aires, Arxentina |
| Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc |
| 7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Barcelona (capital) | |
| 21 de agosto de 1921 – 8 de marzo de 1922 ← Mariano Ordóñez García – Francisco Bergamín García (pt) | |
| 1 de xuño de 1919 – 13 de setembro de 1923 Circunscrición electoral: Districte electoral de Barcelona (en) | |
| 23 de marzo de 1918 – 7 de novembro de 1919 ← Niceto Alcalá-Zamora – Manuel García Prieto → | |
| 10 de marzo de 1912 – 2 de maio de 1919 ← Luis Ferrer-Vidal y Soler (pt) Circunscrición electoral: Districte electoral de Castellterçol (en) | |
| 29 de abril de 1907 – 14 de abril de 1910 Circunscrición electoral: Districte electoral de Barcelona (en) | |
| 1901 – 1904 | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | Universidade de Barcelona |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Política e dereito |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, avogado, financeiro, xurista |
| Partido político | Lliga Regionalista Solidaritat Catalana |
| Familia | |
| Cónxuxe | Mercè Mallol i Codina (1945–1947) |
| Fillos | Helena Cambó i Mallol |

Francesc Cambó i Batlle, nado en Verges (provincia de Xirona) o 2 de setembro de 1876 e finado en Buenos Aires o 30 de abril de 1947, foi un político catalán, fundador e líder da Lliga Regionalista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Barcelona. En 1901 foi un dos fundadores da Lliga Regionalista e foi elixido concelleiro do concello de Barcelona. Deputado nas Cortes entre 1907 e 1910, na súa actividade política defendeu a adopción dun estatuto de autonomía para resolver o problema catalán, aínda que acabou aceptando a Mancomunidade catalá como solución de compromiso.
Tras a morte de Enric Prat de la Riba en 1917, Cambó converteuse no líder da Lliga e foi ministro en dous gobernos conservadores, en 1918 ministro de fomento e en 1921 ministro de finanzas, nos dous casos con Antonio Maura como presidente do goberno.
Nas eleccións de 1931 non conseguiu acceder ao Parlamento e marchou ao estranxeiro ata que en 1933 logrou unha acta de deputado, que non revalidou en 1936. Cando estoupou a Guerra civil española atopábase no estranxeiro e aínda que inicialmente non estaba a favor dos militares sublevados, rematou axudándoos por temor a que se establecese unha república prosoviética de gañaren os republicanos, e chegou a financiar con importantes sumas ao bando franquista.
Posguerra
[editar | editar a fonte]Tras a guerra viviu en Suíza, os Estados Unidos e a Arxentina. Cambó fixo de mecenas de numerosas actividades artísticas e culturais. Destaca a creación en 1922 da Fundación Bernat Metge, que traduciu ao catalán numerosos textos clásicos gregos e latinos. Tamén escribiu algúns libros como Les Dictadures (1929) e Per la concòrdia en 1930.
