Rubí, Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rubí, España")
Rubí, Barcelona
Flag of Rubi.svg Escut de Rubí.svg
Situación xeográfica
Localització de Rubí respecte del Vallès Occidental.svg
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Barcelona
Comarca Vallès Occidental
Xeografía
Altitude 123 msnm
Superficie 32,30 km²
Poboación
Poboación 73.591 hab. (2010)
Densidade 2.278,36 hab/km²
Xentilicio Rubinenc, rubinenca
Información
Código postal 08191
Alcalde Carme Garcia Lorés (PSC)
Páxina web www.ajrubi.cat

Rubí é un municipio milenario de Barcelona (Cataluña), situado na comarca do Vallès Occidental. Atópase no val de Rubí, e limita ao norte con Terrassa e Sant Quirze del Vallès, ao oest con Ullastrell, ao leste con Sant Cugat del Vallès, e ao sur con Castellbisbal.

O nome actual provén da súa denominación en latín, Rivo Rubeo, traducido por "riera vermella" en referencia á arxila que arrastraba a riera que lle deu nome.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación da cidade foi crecendo desde os 3.000 habitantes que contaba en 1860 ata os 6.000 con que se estabilizou desde os anos 30 ata os anos 60, excepto a diminución producida pola Guerra Civil Española e o posterior exilio. O crecemento de poboación nesta época baséase na inmigración procedente de Cataluña. Se a comezos dos sesenta Rubí superaba por pouco os 9.000 habitantes, nesa mesma década triplicou a súa poboación, e a finais do século XX xa excedía os 50.000. A chegada de poboación doutras cidades catalás e as ondas migratorias provenientes do norte de África e o sur e centro de América fixeron de Rubí unha cidade de máis de 70.000 habitantes (73.691 en 2006 e 73.836 en 2009).

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009
4.400 6.623 6.953 25.461 43.532 58.646 73.836

Economía[editar | editar a fonte]

A poboación da cidade traballa maioritariamente nos sectores servizos (47,9%), basicamente no subsector do comercio polo miúdo, e a industria (40,1%), que está concentrada nos polígonos industriais próximos á riera de Rubí, pois a industria existente dentro do núcleo urbano foise transformando en vivendas, e conta cunha taxa de paro (2006) do 6,4%, superior á media da provincia.

Os traballos agrícolas e gandeiros, que foran parte fundamental da economía da cidade ata o século XX, ocupando a finais do século XIX o 92,6% da superficie cultivable con viña, pola produción de viño e augardente actualmente son residuais, cunha crise que se iniciou en 1886 cunha praga.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Castelo de Rubí
  • Celler Cooperatiu de Rubí
  • Igrexa de Sant Pere de Rubí
  • Ruínas romanas de Ca n'Oriol
  • Museo Etnográfico Vallhonrat
  • Casas modernistas da rúa Xile
  • Ermida de Sant Muç

Cidadáns ilustres[editar | editar a fonte]

Torre de Marbà

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rubí, Barcelona Modificar a ligazón no Wikidata