Saltar ao contido

Outeiro (orografía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un outeiro en Irlanda.

Un outeiro[1] (do latín altarium, "parte alta ou elevación do terreo"), tamén chamado lomba, é unha pequena elevación de terreo illada e de pouca extensión.

Formación

[editar | editar a fonte]

Pode ter diversas orixes: erosión de accidentes orográficos máis grandes, fallas, erosión fluvial ou glaciar. Incluso poden ter a súa orixe na actividade humana.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

O dicionario da Real Academia Galega recolle outros sinónimos como castrelo, cerro, colado, cuíña, lombeiro, montículo, penela, penelo, touticeira e toutizo.[1] Asemade, 'penela' tamén aparece como sinónimo de elevacións menores, tal como cotarelo ou picouto[2] e noutros dicionarios aparece morro como sinónimo de outeiro.[3]

Dicionarios de galego reintegracionista e de portugués recollen tamén os termos 'outeiro', 'lomba', 'morro' e demais, cun significado similar,[4][5] pero segundo a zona poden variar e ter diversos usos. No sur de Portugal, 'outeiro' acostuma ser unha elevación pequena, mentres en Minho e Trás-os-Montes pode indicar unha elevación máis pronunciada na paisaxe. No Brasil, 'morro' e 'outeiro' tamén se utilizan para referirse a elevacións pequenas en zonas urbanas e rurais, e ás veces como sinónimo de favela.[6][7]

Notas

  1. 1,0 1,1 "outeiro". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-13. 
  2. "cotarelo". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-13. 
  3. "morro". ilg.usc.gal; Dicionario de dicionarios. Consultado o 2024-08-13. 
  4. "Significado de outeiro no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2024-08-13. 
  5. S.A, Priberam Informática. ""morro" no dicionário Priberam". Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (en portugués). Consultado o 2024-08-14. 
  6. No contexto urbano, especialmente en cidades como Río de Xaneiro, "outeiro", e especialmente "morro", é asociado coas favelas, xa que moitas delas se formaron en outeiros ao redor dos núcleos urbanos. Non obstante, non todos os montes teñen favelas, e non todas as favelas están situadas en montes.
  7. "Morro e Outeiro da Glória". www.riodejaneiroaqui.com. Consultado o 2024-08-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.