Caetano de Thiene
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de outubro de 1480 Vicenza, Italia |
| Morte | 7 de agosto de 1547 Nápoles, Italia |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Cristianismo |
| Ocupación | sacerdote católico, avogado, diplomático |
| Orde relixiosa | Orde de Cregos Regulares Teatinos |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 7 de agosto 8 de agosto |
| Outro | |
| Título | Conde |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |


Caetano de Thiene, ou en italiano Gaetano di Thiene, nado en Vincenza en outubro de 1480 e finado en Nápoles o 7 de agosto de 1547, foi un relixioso italiano, venerado polos católicos como San Caetano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutorouse en Dereito na Universidade de Padua en 1504 antes de ingresar no clero. Foi chamado a Roma por Xulio II, que o fixo secretario, en 1506. O seu contacto coa curia desencantouno e levouno a ser un dos primeiros reformadores católicos:
Roma un tempo santa, ora è una Babilonia.
.
Deixou Roma tan pronto como puido e adicouse á caridade e a reforma. Non foi ordenado sacerdote até 1516, pois non se consideraba digno do cargo. Volveu a Roma en 1523 para fundar con Pietro Carafa (que se había converter despois no papa Paulo IV) a primeira congregación de cregos regulares, a dos Teatinos.
O seu nome parece que provén dun tío seu que era nativo de Gaeta, pois xa en época romana se chamaba Caietani aos desta vila. Foi canonizado por Clemente X no 1671. A súa festa celébrase o 7 de agosto.