Meiriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un meiriño (do latín maiorinus) era un cargo da administración de xustiza durante a Idade Media e a Idade Moderna que se podía referir a dúas funcións ben distintas.

Características[editar | editar a fonte]

Meiriño ou oficial de xustiza (tamén chamado sagio ou saión, en castelán sayón): tiña atribucións diversas; entre outras, era o encargado de prender, citar, peñorar e cumprir calquera mandado xudicial. A figura corresponde ao actual "oficial de xustiza" do dereito español, denominación que tamén se dá no dereito portugués (aínda se utiliza no Brasil), que conserva a denominación tradicional común ao galego.[1]

Meiriño mor (en castelán merino mayor) referíase aos corrixidores ou adiantados que eran os delegados do rei nun territorio denominado meiriñado (e nomeados por el), na que fiscalizaban a administración da xustiza.

Segundo a Historia do Dereito Portugués:

De três categorias eram os meirinhos: O meirinho-mor, o meirinho que andava na côrte em lugar do
meirinho-mor e o meirinho das cadeias. O meirinho- mor era homem de grande sangue e muito principal,
fazia as coisas de muita importância quando lhe por El-Rei fossem mandadas ou por sua justiça
requeridas. A seu ofício pertencia prender pessoas de Estado, quando por El-Rei mandado; e assim
grandes fidalgos e tais que as outras justiças não pudessem bem prender"

A diferenza entre os dous postos vén de antigo, pois xa está presente nas Partidas de Afonso X:

Merino es nombre antiguo de España: que quiere tanto decir, como hombre que tiene mayoria para facer justicia sobre algún lugar señalado, asi como villa, o tierra . E estos son en dos maneras. Ca unos hay que pone el Rey de su mano, en lugar de adelantado, a que llaman merino mayor. E este tiene tan gran poder como el adelantado: e otros hay que son puestos por mano del adelandado o de los merinos mayores. Pero estos tales no puden facer justicia, sino sobre cosas señaladas”.

Partidas, 2 , 9, 23.

Como se ve, o meiriño mor "fai xustiza", isto é, xulga. O meiriño-saión só fai que se cumpran estas decisións (aínda que non só ás ordes dun meiriño-mor, se non de calquera administrador de xustiza: xuíces, ouvidores, vigairos...).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo o Indice Fundamental do Direito: Não se confundia com o meirinho-mor, funcionário de alto nível nomeado pelo rei, com atribuições de importância maior, sendo dotado de jurisdição, exercida no seu meirinhado.[1] Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]