Acrónimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un acrónimo (do grego ἄκρος ákros, "extremidade", e ὄνομα onoma, "nome") é unha palabra formada a partir da abreviación doutras dúas palabras, e que constitúen un só sintagma ou concepto, grazas á unión dos seus extremos opostos. Utilízanse xeralmente para describir unha palabra formada por unha combinación de palabras (dúas ou máis), ou ben de letras (habitualmente iniciais, dunha expresión co propósito de facela máis curta).

Decote os acrónimos acaban por perderen tal condición e deveñen palabras de uso corrente, habitualmente substantivos. É o caso, por exemplo, de láser, radar, módem ou informática. Acrónimos deste tipo fóronse popularizando nos últimos tempos, de xeito que na actualidade o seu uso está xeralizado. Aínda así, son aínda máis frecuentes nas linguaxes técnicas utilizadas nas especialidades profesionais (medicina, informática ou enxeñaría) e nos nomes de organizacións e compañías.

A ciencia que estuda os acrónimos é a acronimia.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Estes son uns exemplos de acrónimos, cos seus respectivos significados:

  • ONU: Organización das Nacións Unidas
  • sida: síndrome de inmuno-deficiencia adquirida (debido ao seu grande uso acabou converténdose nun substantivo común, xa recollido nos dicionarios; nótese que é feminino porque síndrome tamén o é).

Existe disparidade de criterios se por acrónimos se entenden unicamente as secuencias de letras que poden pronunciarse como palabras por existir no acrónimo unha ou varias vogais que permiten lelo, ou se os acrónimos comprenden todas as secuencias de letras, aínda que non se poidan pronunciar como palabras e teñan que pronunciarse letra por letra (é dicir, un sinónimo de sigla).

Exemplos destas outras secuencias que non poden pronunciarse como palabras son:

  • BBC: British Broadcasting Corporation
  • JPEG: Joint Photographic Experts Group

Algúns detractores que non aceptan esta segunda variante como acrónimo considérana como iniciais ou siglas.

Nalgunha ocasión incorpórase expresamente unha vogal a un acrónimo para que resulte pronunciábel, como en:

Noutros casos, a secuencia de letras converte o acrónimo nunha palabra de peso propio, de xeito que se esquece con frecuencia o seu significado orixinal, como nestes casos:

  • láser: light amplification by stimulated emission of radiation
  • radar: radio detection and ranging

Tampouco hai consenso entre os falantes sobre se os conxuntos formados por dous ou máis letras que representan unha ou varias palabras son ou non acrónimos. Por exemplo:

  • Aviaco: Aviación e Comercio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]