Nosa Terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nosa Terra ou Nosa Terra 21 é un grupo empresarial navieiro galego, con sede en Vigo, presidida por Xosé Silveira.

Fundado en 1974 co nome da empresa Remolcanosa, a firma conta cunha vintena de buques mercantes e unha trintena de remolcadores, que constitúen a maior empresa do sector en España e que controla a cuarta parte da tonelaxe total dos buques cargueiros do estado. O grupo está composto fundamentalmente polos remolcadores de Remolcanosa, e polos máis de vinte cargueiros da Empresa Naviera Elcano, antigos cargueiros de titularidade pública, que lle foron adquiridos polo empresario Xosé Silveira en 1997 á SEPI. Tamén pertence ao grupo a empresa Naviera Ría de Arosa, que opera no tráfico interior dos portos de Vilagarcía, Ribeira ou A Pobra do Caramiñal. Este conxunto de buques dedícase ao transporte de petróleo, derivados a granel e gas licuado.

Ademais, o grupo, que emprega a 4.500 traballadores en todo o planeta, ten empresas satélite en Brasil e Arxentina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]