Golfo Pérsico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pérsico»)
Golfo Pérsico
خليج فارس
Localización administrativa
Estado Arabia Saudita
Bahrain
Emiratos Árabes Unidos
Qatar
Iraq
Kuwait Kuwait
Irán
Omán (exclave de Musandam)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Índico
ContinenteAsia
Xeografía
Mares contiguosGolfo de Omán
Illas interioresQeshm (1491 km²) e Lavan (76 km²) (IRN)
Bahrein (678 km²) (BHR)
AfluentesRío Shatt al-Arab
Accidentes
PenínsulasPenínsula Arábiga
EstreitosEstreito de Ormuz (co golfo de Omán (mar Arábigo))
Características
Superficie233 000 km²
Lonxitude máxima990 km
Anchura máxima200-300 km
Anchura mínima56 km
Profundiade máxima90 m
Profundidade media50 m
Mapa

Localización do golfo Pérsico

Vista satélite
Golfo Pérsico.

O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Trátase dun mar interior con preto de 233 000 km2, ligado ao Mar da Arabia ao leste polo Estreito de Ormuz e polo Golfo de Omán, e co seu límite a oeste marcado polo delta de Shatt al-Arab, chamado Arvand-Rood polos iranianos, onde desaugan os ríos Éufrates e Tigris.

Países con litoral bañado polo Golfo Pérsico, en orde horaria, son: Irán, Arabia Saudita, Qatar (que ocupa unha península avanzada sobre o golfo), Bahrein (unha illa no golfo), Kuwait, Iraq, e Irán. O Golfo Pérsico e as súas áreas costeiras son a máis rica e máis usada fonte de petróleo; as industrias derivadas da extracción e refino dominan a rexión. Existen diversas illas no golfo, algunhas das cales son contestadas por estados veciños.

Nomenclatura[editar | editar a fonte]

O nome Golfo Pérsico foi emprestado de numerosas linguas antigas (inclusive o grego), sendo utilizado amplamente desde a Antigüidade, en razón de ter existido alí a nación-estado da Persia (onde hoxe é o Irán). A mediados da década de 1960, co xurdimento do nacionalismo árabe, os países da rexión pasaron a chamalo "Golfo de Persia". O Irán, entón, enviou dúas peticións para as Nacións Unidas (en 1971 e 1984) esixindo o recoñecemento oficial da rexión como Golfo Pérsico. A maioría dos países denomina a rexión Golfo Pérsico, pero algúns países árabes usan o termo Golfo de Persia ou simplemente o Golfo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]