Qeshm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Qeshm
قشم
Qeshm fr.jpg
Localización de Qeshm
Situación
País Flag of Iran.svg Irán
Provincia Hormozgān
Mar Estreito de Ormuz
Coordenadas 26°50′N 56°0′L / 26.833, -56.000Coordenadas: 26°50′N 56°0′L / 26.833, -56.000
Xeografía
Superficie 1.491 km²
Longura máxima 135 km.
Largura máxima 40 km.
Demografía
Capital Qeshm (pop. 26 807)
Poboación 148.993 (2016)
Densidade 67´07 hab./km²
Castelo português en Qeshm/Queixome

Queixome ou Qeshm (persa: قشم, Modelo:IPA-fa), oficialmente tamén coñecida domo Kishm, é unha illa situada no Estreito de Ormuz ó sur da costa de Irán, ó leste do Golfo Pérsico. O Estrito de Khouran separa o continente asiático da illa de Qeshm. É a maior illa de Irán e do Golfo Pérsico. Ten unha superficie de 1500 km² e case 136 km de lonxitude.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Qeshm desde o espazo, agosto de 2000
Praia da illa Qeshm

A illa de Qeshm atópase a poucos quilómetros da costa sur de Irán (Golfo Pérsico), fronte ás cidades portuarias de Bandar Abbas e Bandar Khamir. A illa, que alberga unha xurisdicción de 300 km² de zona de libre comercio, ten 135 km. de longo e atópase estratéxicamente no estreito de Ormuz, só a 60 km. do porto omaní de Khasab e ao redor de 180 km de Port Rashid nos Emiratos Árabes Unidos. A illa, no seu punto máis ancho, situada preto do centro da illa, esténdese 40 km. Do mesmo xeito, no punto máis estreito, a illa só ten 9´4 km. A illa ten unha superficie de 1491 km² e ten 2´5 veces o tamaño de Bahrain. A cidade de Qeshm, situada no punto máis oriental da illa, está a 22 km de Bandar Abbas mentres que a separación do punto máis próximo da illa ao continente é de 2 km.

A temperatura media na illa é aproximadamente de 27 °C. Os meses máis calorosos son de xuño a agosto, e os máis fríos de outubro a xaneiro. A precipitación media é 183´2 mm.

A illa comprende 59 cidades e aldeas e a poboación era de 117.774 habitantes no Censo 2011. A poboación local está involucrada na pesca, a construció de dhows (barca tradicional), comercio e servizos.

Existen plans para construír unha ponte para conectar Qeshm co resto de Irán.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Lápida de pedra dunha tumba no castelo portugués, Qeshm

Os rexistros históricos referentes á illa de Qeshm remóntanse á era preislámica. Nomes como Qeshm, Keshm, Kish e Tunb marcan a longa estancia de elamita na zona, varios séculos antes de Cristo. É, ao parecer, a illa chamada Alexandría ou Aracia por Ptolomeo (Libro 6, Cap. IV), no século II CE e como Alexandría por Ammianus Marcellinus (xxiii.6.42) no século IV. Debido á súa situación xeopolítica estratéxica, preto da desembocadura do Golfo Pérsico, foi frecuentemente atacada por invasores incluíndo Elamitas, Umayyades, Abbasíes, así como portugueses e ingleses. Durante a administración do Imperio Sasánida a illa chamouse Abarkawan.[3] Segundo os rexistros históricos, a illa de Qeshm foi famosa como un centro de comercio e navegación. A súa economía floreceu durante as eras dos Dailamitas e Buídas, cando os barcos dos comerciantes partían entre a illa de Qeshm a China, a India e África.

O explorador William Baffin resultou mortalmente ferido en Qeshm en 1622 durante unha batalla contra as forzas Portuguesas que ocuparon o forte, coñecido polos ingleses como "Forte de Queixome".

Qeshm é tamén é a suposta sede do Xardín do Edén segundo a Biblia de Cassells.[4]

Economía[editar | editar a fonte]

A pesca é a ocupación principal dos habitantes da illa. Na pouca terra cultivada crecen datileiras e melóns. Extráese sal na costa sueste. Qeshm é famoso pola súa gran variedade de atraccións ecoturísticas, como os Mangleiral1mangleirais de Hara. Segundo os ambientalistas, ao redor do 1,5% das aves do mundo e o 25% das aves nativas de Irán migran anualmente aos bosques, que son o primeiro parque xeográfico nacional en Irán. Unha antiga fortaleza portuguesa, as mesquitas históricas, os templos de Seyyed Mozaffar e Bibi Maryam, e varios estanques e bosques de mangleiros están entre as atraccións turísticas da illa.

No ano iraniano de 1369, equivalente a 1991 no calendario gregoriano, a illa transformouse nunha "Zona Franca" co obxectivo de crear o maior espazo libre entre Europa e o Afastado Oriente.[5] Para iso, concedeuse a Qeshm unha liberdade considerable para establecer as súas propias políticas, independentemente do goberno central, que a miúdo se viu como un impedimento para o crecemento en moitos sectores da economía. Con todo, a illa conserva as vantaxes asociadas coa súa conexión co continente, incluíndo os dereitos de explorar e desenvolver oportunidades de petróleo e gas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Austrians to Construct Persian Gulf Bridge to Connect Qeshm Island to the Main Island". payvand.com. Consultado o 2016-10-05. 
  2. "Qeshm – Dictionary definition of Qeshm | Encyclopedia.com: FREE online dictionary". www.encyclopedia.com. Consultado o 2016-10-05. 
  3. Hinds, Martin (1984). "The First Arab Conquests in Fārs". Iran 22: 39–53. JSTOR 4299735. 
  4. LTD, Kaspid. "Qeshm Island". www.arian-tour.com. Consultado o 2016-08-26. 
  5. Qeshm Island Modelo:Webarchive, Qeshm Energy International

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]