Cinque Terre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Portovenere, Cinque Terre, e as Illas (Palmaria, Tino e Tinetto)
Cinque Terre and the Mediterranean.jpg
Unha vista do Parque Nacional das Cinque Terre, mostrando a Riomaggiore, unha das cinco aldeas costeiras
[[Ficheiro:
Cinque Terre en Italia
Cinque Terre
Cinque Terre
|300px]]
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísItalia Italia
TipoCultural
CriteriosII, IV, V
Inscrición1997 (21ª Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador826-001

As Cinque Terre (lígur: Çinque Tære, que significa "cinco terras") é unha zona costeira dentro da Liguria, no noroeste de Italia. Atópase a oeste de La Spezia, e comprende cinco aldeas: Monterosso al Mare, Vernazza, Corniglia, Manarola, e Riomaggiore. A liña costeira, as cinco aldeas e as ladeiras que o rodean forman parte do Parque Nacional das Cinque Terre, un Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

A zona das Cinque Terre é un popular destino turístico. Ao longo dos séculos, a xente construíu socalcos nas paisaxes escarpadas e empinadas ata os cantís que dan ao mar. Camiños, trens e barcos conectan as vilas e os coches non poden chegar desde o exterior.

Historia[editar | editar a fonte]

Cinque Terre é mencionado en documentos que datan do século XI. Monterosso e Vernazza establecéronse primeiro e as outras aldeas creceron máis tarde, dentro do territorio da República de Xénova. No século XVI os habitantes reforzaron as fortalezas existentes e construíron novas torres de defensa para defender a zona dos ataques dos turcos. Cinque Terre experimentou un declive económico desde o século XVII ao XIX, recuperándose cando se construíu un arsenal en La Spezia e conseguiu unha conexión ferroviaria con Xénova. O ferrocarril provocou a migración da zona e un descenso nas industrias tradicionais ata que o crecemento do turismo a partir dos anos setenta trouxo certa prosperidade.

As colleitas predominantes na zona foron as uvas e as olivas. Algúns pescadores tiñan a súa sede en Monterosso, pero as casas de pescadores pintadas alegremente da zona foron concibidas a finais dos anos setenta como unha atracción turística.

O 25 de outubro de 2011 as choivas torrenciais provocaron inundacións e desprendementos de terra en Cinque Terre. Nove persoas morreron e as aldeas quedaron severamente danadas, en especial Vernazza e Monterosso al Mare.[1]

As Cinco Terras[editar | editar a fonte]

Monterosso[editar | editar a fonte]

Monterosso al Mare é a vila máis occidental e máis poboada das Cinco Terras. Nela atópanse as praias máis extensas da rexión. Monterosso está situada no centro dun pequeno golfo natural, protexida por un modesto espigón artificial.

Vernazza[editar | editar a fonte]

É, despois de Monterosso, a segunda vila máis occidental das Cinque Terre. Está situada nun pequeno promontorio e descende cara ao mar, e só é accesible por unha estrada que descende desde a estrada provincial.

Crese que o nome de Vernazza deriva do adxectivo latino verna, ou sexa, "local, indíxena", pero tamén é posible que o nome proveña do produto máis coñecido da cidade, o vernaccia, unha modalidade de viño local.

O seu pequeno porto garante un ancoradoiro seguro, nunha enseada natural que permite ancorar barcos pequenos e medianos.

Panorama da vila de Corniglia.

Corniglia[editar | editar a fonte]

Corniglia está situada no centro das Cinque Terre e é a máis pequena das cinco. Diferénciase do resto das vilas da rexión xa que é a única que non se conecta directamente co mar, pero está situada nun promontorio duns cen metros, rodeada de viñedos distribuídos nos característicos socalcos no lado cara o mar

Para acceder a Corniglia hai que subir unha longa escaleira coñecida como Lardarina, composta por 33 tramos e un total de 382 chanzos, ou seguir a estrada que o conecta á estación de tren. Ademais, Corniglia está unida a Vernazza por un suxestivo sendeiro a medio camiño entre o mar e a montaña.

Panorama da cidade de Manarola.

Manarola[editar | editar a fonte]

Manarola, como as outras vilas das Cinque Terre, está situada entre o mar de Liguria e o cordal que se separa dos Apeninos e descende cara ao sueste, os Alpes Apuanos. Situada nun outeiro, a vila de Manarola esténdese polo val, encerrada entre dous estribos rochosos e descende cara ao mar para albergar un pequeno porto. Manarola é a segunda cidade máis pequena das Cinque Terre, logo de Corniglia.

Esta vila está situada no último tramo do río Groppo. As casas agrúpanse unha xunto a outra ao longo da estrada principal, a "Via di Mezzo", que á súa vez segue o curso do auga.

Panorama da vila de Riomaggiore.

Riomaggiore[editar | editar a fonte]

Riomaggiore é a máis oriental das Cinco Terras. O centro histórico, cuxo núcleo orixinal data do século XIII, está situada no val do Río Maggiore, o antigo Rivus Major, do que ven o nome da vila.

As casas distribúense en distintos niveis paralelos que seguen a abrupta ruta do río. O novo barrio da Stazione, nomeado despois de ser desenvolvido no século XIX logo da chegada da liña ferroviaria, está situado no val formado polo río Finale (Rufinàu), chamado así por sinalar nunha época, os límites das terras de Riomaggiore e as de Manarola.

Transporte e turismo[editar | editar a fonte]

O persoal controla o intenso fluxo de turistas nas plataformas da estación de tren La Spezia Centrale durante a Festa dos maios.

O acceso a Cinque Terre en coche é limitado. a estrada cara a Vernazza é moi estreita e remata un quilómetro antes da cidade.

Os trens circulan desde La Spezia ata as cinco cidades de Cinque Terre, así como aos principais destinos rexionais e nacionais.[2]

Un transbordador de pasaxeiros discorre entre as aldeas, agás Corniglia. O transbordador tamén chega ao antigo porto de Xénova, La Spezia, Lerici e Porto Venere.

Un sendeiro, coñecido como Sentiero Azzurro ("Camiño Azul"), úsase para conectar as cinco vilas pero a sección de Riomaggiore a Manarola chamada Via dell'Amore ("vía do amor") está pechado. Aínda se pode camiñar entre estas aldeas, aínda que o camiño é máis empinado e máis longo que o camiño (pechado) ao longo da liña costeira.

Comida e viño[editar | editar a fonte]

Dada a súa situación no Mediterráneo, o marisco é abundante na cociña local. As anchoas de Monterosso son unha especialidade local designada cun status de Denominación de Orixe Protexida da Unión Europea. As ladeiras das Cinque Terre son en gran medida cocalcos e son usadas para cultivar uvas e olivas. Esta área, e a rexión de Liguria, no seu conxunto, é coñecida polo pesto, unha salsa feita a base de follas de alfábega, allo, sal, aceite de oliva, piñóns e queixo pecorino. A focaccia é un produto de pan enfornado particularmente común. A Farinata, un típico bocadillo que se pode atopar nas panaderías e pizzerías, é unha panqueca salgada e cruxiente feita a partir dunha base de fariña de garavanzos. A cidade de Corniglia é particularmente popular para un gelato feito de mel local (miele di Corniglia).[3]

As uvas das Cinque Terre utilízanse para producir dous viños elaborados localmente. Os Cinque Terre e os Sciachetrà están feitos usando uvas Bosco, Albarola, e Vermentino. Os dous viños son producidos pola Cooperativa Agricoltura di Cinque Terre, situada entre Manarola e Volastra. Outros produtores da DOC son Forlini-Capellini, Walter de Batté, Buranco, Arrigoni.

Ademais dos viños, outras bebidas locais populares inclúen a grappa, un brandy feito coa bagazo deixado da elaboración do viño, e limoncello, un licor doce aromatizado con limóns.

Preservación[editar | editar a fonte]

En 1998, o Ministerio de Medio Ambiente italiano creou a área mariña natural protexida Cinque Terre para protexer o medio natural e promover o desenvolvemento socioeconómico compatible coa paisaxe natural da zona. Hoxe, millóns de visitantes a visitan cada ano.[4] En 1999 creouse o Parco Nazionale delle Cinque Terre para conservar o equilibrio ecolóxico, protexer a paisaxe e salvagardar os valores antropolóxicos do lugar.[5] Non obstante, a diminución do interese no cultivo e no mantemento dos socalco supuxo unha ameaza a longo prazo para o sitio, polo que creouse un plan de xestión do sitio.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Squires, Nick (26 de outubro de 2011). "Villages all but wiped out as storms batter Italy's 'Cinque Terre'". The Daily Telegraph. Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  2. https://www.walksofitaly.com/blog/cinque-terre/train
  3. Rick Steves' Best of Europe
  4. Istituzione dell'area naturale marina protetta denominata "Cinque Terre" Arquivado 01 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (G.U. della Repubblica Italiana n. 48 del 27 de febreiro de 1998)
  5. Istituzione del Parco nazionale delle Cinque Terre Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (G.U. 17 decembro 1999, n. 295)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]