Gorgona, Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorgona
Urgon
La Gorgona.jpg
Vista da illa
Arcipelago Toscano.png
Localización da illa
Situación
País Italia Italia
Comuna Livorno
Provincia Livorno
Arquipélago Arquipélago Toscano
Mar Mar Mediterráneo
Coordenadas 43°26′N 9°54′L / 43.433, -9.900Coordenadas: 43°26′N 9°54′L / 43.433, -9.900
Xeografía
Superficie 2´23 km²
Longura máxima 2´15 km.
Largura máxima 1´65 km
Perímetro 8 km.
Punto máis alto 254 m. Punta Gorgona
Distancia a terra 37 km
Demografía
Poboación 79 prisioneiros, 47 policías, uns cantos funcionarios do Ministerio de Xustiza italiano e outros residentes herdeiros dos antigos colonos (2012)
Lingua propia Italiano


Gorgona é a illa máis setentrional do Arquipélago Toscano, un grupo de illas da costa oeste de Italia. Entre Córsega e Livorno, esta diminuta illa é moi valorada pola súa fauna, especialmente polas aves mariñas, e o seu illamento. O resultado deste illamento foi a fundación da Abadía de Gorgona na Idade Media. Tras o seu peche os terreos do mosteiro e os seus edificios foron asignados como parte dunha colonia penal agrícola, que está actualmente en uso.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Gorgona atópase a uns 37 km en liña recta desde Livorno. Trátase dunha viaxe en transbordador de aproximadamente 1,5 horas, con todo, o acceso á illa está prohibido sen o permiso do Ministerio de Xustiza italiano. Outórganse permisos exclusivamente a grupos de viaxes supervisados. Non está permitido o material fotográfico. As embarcacións privadas non poden achegarse á illa a menos de 500 m, agás en casos de emerxencia. Capraia está a 35 km e Córsega a 60 km..

O único lugar de ancoraxe é Cala dello Scalo, unha entrada no lado nordés rodeada de cantís, o sitio é só unha praia. Un pobo de pescadores floreceu na praia antes da colonia penal, é agora está case abandonado. O goberno alentou ás familias propietarias da terra a vender e marcharse pero aínda permanecen uns poucos. No cantil e con vistas á baía atopase un sitio histórico, a Torre Nuova "torre nova", construída como unha torre de vixilancia polo Gran Ducado de Toscana no século XVII.

As dúas alturas máis importantes son Punta Gorgona (254 m, no sur) e Punta Zirri (213 m, cara ao norte).

A ocupación da illa produciuse principalmente nas empinadas ladeiras e socalcos da costa este. Alí foron construídos un mosteiro e outros edificios. A prisión, que foi estruturada como unha granxa de traballo, fíxose cargo ou asumiu a responsabilidade do mantemento de toda esta rexión. Os presos traballan na agricultura, na cría de animais ou aprenden oficios relacionados coa construción, que son de utilidade para a illa. Eles viven en residencias e non en celas. Todos deben estar nas súas casas pola noite e a relación cos forasteiros está controlada ou prohibida.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

A ecoloxía de Gorgona atópase baixo a protección do Parque Nacional Arquipélago Toscano, que data de 1996, con sede en Portoferraio, na illa de Elba. A maior parte da illa atópase no seu estado natural, o 90 % componse de bosques con Maquis, de 2 a 5 m de alto.

Historia[editar | editar a fonte]

Coñecida na antigüidade como Urgon e logo como Gorgona, foi esporadicamente habitada polos etruscos, como o demostran algunhas reliquias. Xa no 416 era fogar de ermitáns, como o demostra Rutilio Namaziano en De reditu suo. No 591, o abade Orosio fundou un mosteiro, cuxa igrexa veneraba as reliquias de San Gorgonio. O mosteiro foi visitado por Santa Catalina de Siena. Co beato Bartolomeu Serafini, no 1374 foi habitada polos monxes cartuxos.

A causa das frecuentes incursións berberiscas, foi abandonada en 1425 polos poucos catuxos sobrevivientes as atrocidades e saqueos. En 1509 déuselle en arrendamento ao pisano Griffi, nun esforzo para repoboala e facela máis segura cunha guarnición. Neste programa, o Gran Duque Cosimo I de Médicis en 1567 reconstruíu e reforzou a antiga torre, despois de que no 1564 doara a illa aos monxes Basilianos.

En 1704 foi devolta por Cosimo III á Certosa di Calci, que construíu unha nova torre de defensa da Cala Maestra. A pesar de varios intentos de cultivo da terra, os homes, desanimados, restituirona en 1777 ao Gran duque Pietro Leopoldo, quen intentou volver enchela con pescadores, eximindoos de impostos. Frustrada a posibilidade de rendemento agrícola, a única industria local foi a produción de anchoas salgadas, que eran intercambiadas cos comerciantes ingleses por bacallau de Terranova. A igrexa de San Gorgonio, foi reconstruída e consagrada polo prior da Cartuxa de Calci en 1723 e converteuse nunha parroquia.

A principios de 1771 Pedro Leopoldo II, Gran Duque de Toscana, comprou Gorgona aos Cartuxos de Pisa coa intención de facela parte dun plan de reactivación económica. En marzo dese ano aprobouse unha lei de apertura da illa ao asentamento de pescadores coa condición de que as anchoas capturadas se venderan en Livorno. O pobo pesqueiro data desta época.

Coa unificación de Italia en 1861, incluído o ex Gran Ducado de Toscana, a propiedade de Gorgona pasou ó novo Reino de Italia. Gorgona converteuse nunha nova e experimental colonia penal agrícola en 1869.

Economía[editar | editar a fonte]

No século XIX a illa foi famosa polas súas anchoas. O goberno italiano, reduciu toda a economía á da prisión.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]