Río Cardener
| Tipo | curso de auga | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| Altitude inicial | 1.049 m | |||
| División administrativa | La Coma, España | |||
| Localización | fonts del Cardener (pt) | |||
| Final | ||||
| Altitude final | 161 m | |||
| División administrativa | Bages, España | |||
| Localización | Castellgalí | |||
| Desembocadura | Río Llobregat | |||
| ||||
| Afluentes | Río Aigua d'Ora, Aigua de Valls (en) | |||
| Conca hidrográfica | Llobregat basin (en) | |||
| Características | ||||
| Dimensións | 87 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 1.374 km² | |||
O Cardener é un río de Cataluña, principal afluente do río Llobregat. Nace a unha altitude de aproximadamente 1.100 m, nas Fontes do Cardener, situadas nun val entre as serras de Port del Comte (2.332 m) e a do Verd (2.271 m), no termo municipal de la Coma i la Pedra (Lleida), e desemboca no río Llobregat no termo de Castellgalí, tras 87 km de percorrido.
Na súa canle atópanse os encoros da Llosa del Cavall e Sant Ponç, situados respectivamente nos termos de Sant Llorenç de Morunys e Clariana de Cardener. Este último foi proxectado no ano 1921. En ambos poden practicarse deportes acuáticos.
O río pasa polos municipios de: Sant Llorenç de Morunys, Solsona, Olius, Clariana de Cardener, Cardona, Súria, Callús, Sant Joan de Vilatorrada, Manresa e Castellgalí.
