África Occidental Portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaÁfrica Occidental Portuguesa

Localización
Mapa
 12°21′S 17°21′L / -12.35, 17.35Coordenadas: 12°21′S 17°21′L / -12.35, 17.35
CapitalLuanda Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación1655 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernocolonia Editar o valor em Wikidata
MoedaEscudo angolano Editar o valor em Wikidata

A África Occidental Portuguesa, Província Ultramarina de Angola ou Estado de Angola son algúns dos nomes que recibiu unha colonia portuguesa situada no suroeste da África, na África central, en distintas épocas até a súa transformación no moderno estado independente da República de Angola en 1975.

Historia[editar | editar a fonte]

Nas súas fronteiras actuais, a colonia de Angola só existiu medio século, a partir de mediados dos anos 1920. É certo que os portugueses estiveron presentes no litoral deste territorio a partir do fin do século XV, estabelecendo sucesivamente, esencialmente para fins de tráfico de escravos e outro tipo de comercio, postos comerciais e, sobre todo, as prazas fortes de Luanda e de Benguela cuxas áreas circundantes foron ocupadas. A conquista do interior comezou só no século XIX. A finais dese século a "colonia de Angola" estaba constituída, mais a delimitación definitiva e a "ocupación efectiva" do territorio non foi alcanzada antes de 1926.[1]

Durante o dominio colonial portugués sobre Angola, cidades, vilas e postos de comercio foron fundados, ferrocarrís e estradas foron abertas e portos construídos, todo ao servizo dunha economía colonial moldeada de acordo cos intereses da Metrópole Portuguesa e da crecente comunidade de portugueses que se estabeleceron en Angola, xa sexa como colonos ou ao servizo de empresas e da administración estatal. Unha base esencial para esta economía foi a explotación sistemática de recursos naturais e da poboación africana, discriminada de acordo con criterios raciais e culturais.[2]

Unha vez que o sistema colonial precisou cada vez máis dunha man de obra africana cualificada, desenvolveuse de forma dubidosa un sistema de educación.[3] Nos anos 1950 houbo unha "masa crítica" de africanos escolarizados coa capacidade de articular unha resistencia anticolonial nacionalista. En 1961 estourou unha guerra de independencia de Angola que ocasionou unha mudanza radical da política colonial portuguesa: abolindo todas as disposicións legais discriminatórias, tentou gañar a poboación africana á concepción dunha integración nun Portugal transcontinental. Este obxectivo non foi, no entanto, conseguido, e a guerra colonial Portuguesa foi unha das causas fundamentais para unha revolución que, en Portugal, aboliu o réxime salazarista e iniciou unha descolonización inmediata de todas as colonias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pélissier, René (1977). Ed. do autor, ed. Les guerres grises: Résistance et revoltes en Angola (1845-1941) (en francés). Orgeval. 
  2. Pélissier, René (1978). Ed. do autor, ed. La colonie du Minotaure: Nationalismes et revoltes en Angola (1926-1961) (en francés). Orgeval. 
  3. Marques da Silva, Elisete (1992). Revista Internacional de Estudos Africanos, ed. O papel societal do sistema de ensino na Angola colonial (1926-1974). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]