Saltar ao contido

Marina Tsvetaeva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarina Tsvetaeva

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Марина Ивановна Цветаева Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1892 Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte31 de agosto de 1941 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Ielabuga, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, enforcamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIelabuga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaIelabuga (pt) Traducir (1941–1941)
Memorial House-Museum of Marina Tsvetaeva in Korolyov (en) Traducir (1939–1941)
París (1925–1939)
Praga (1923–1925)
Berlín (1922–1923)
Moscova (1908–1922)
Tarusa (en) Traducir (1906–1906)
Ialta (1905–1906)
Nervi (en) Traducir (1902–1905)
Moscova (1892–1902)
Koktebel (en) Traducir
Aleksandrov (pt) Traducir
París Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e artes escénicas Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín
Praga
París
Moscova Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, prosista, autora de diarios, escritora, tradutora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1908 Editar o valor en Wikidata - 1941 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e memorias Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSergei Efron (1912–) Editar o valor en Wikidata
ParellaSophia Parnok (1914–1916) Editar o valor en Wikidata
Fillosvalor descoñecido
Ariadna Sergejewna Efron
 () Sergei Efron
Gueorgui Serguéievich Efrón
 () Sergei Efron Editar o valor en Wikidata
PaisIvan Tsvetaev Editar o valor en Wikidata  e Marija Aleksandrowna Meyn Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnastasija I. Cvetaeva
Valerii︠a︡ Ivanovna T︠S︡vetaeva Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Цветаева Марина Ивановна)
Enciclopedia soviética armenia
Concise Literary Encyclopedia (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0875514 BNE: XX1141719 Musicbrainz: 20afc0ad-477f-44e7-bcbe-ca5a875def54 Discogs: 1026630 Find a Grave: 9123509 Editar o valor en Wikidata

Marina Ivanovna Tsvetaeva (en ruso: Мари́на Ива́новна Цвета́ева), nada en Moscova o 14 de setembroxul./ 26 de setembro de 1892greg. e finada en Elabuga o 31 de agosto de 1941, foi unha poeta rusa e soviética. A súa obra está considerada entre as maiores da literatura rusa do século XX.[1] Viviu e escribiu sobre a revolución rusa de 1917 e a fame negra que a seguiu en Moscova. Nun intento de salvar a súa filla da inanición, levouna a un orfanato estatal en 1919, onde faleceu de fame. Tsvetaeva abandonou Rusia en 1922 e viviu na pobreza coa súa familia en París, Berlín e Praga antes de volver a Moscova en 1939. O seu marido Sergei Efron e a súa filla Ariadna Èfron (Alya) foron arrestados acusados de espionaxe en 1941 e o seu marido foi executado. Tsvetaeva cometeu suicidio en 1941.

Como poeta lírica, a súa paixón e atrevida experimentación lingüística márcana como cronista da súa época e das profundidades da condición humana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tsvetaeva naceu en 1892, filla do fundador do Museo Pushkin de Moscova, Ivan Tsvetaev. De familia acomodada e aínda moi nova, publicou con grande éxito Vecherny Albom ("Álbum da tarde").[2] Continuou a traballar en literatura e coñeceu e tratou os grandes escritores. Colocouse á altura de Pasternak, Akhmatova e Mandelstam. Tsvetaeva, ao padecer a reprobación oficial, non puido atopar vivenda nin traballo. Era tan pobre que a súa filla Irina houbo de ir a un orfanato, onde, debidos ás condicións famélicas, morreu.

Despois da revolución rusa, tivo que exiliarse en Berlín, Praga (1922) e posteriormente en Francia (1925) co seu marido Sergei Efron, antes oficial branco en activo, que se desenganou pouco a pouco coa actitude dos emigrados. Viviu catorce anos en Francia, a desgusto e deprimida. Tivo dúas fillas, Irina e Ariadna, e un fillo, Georgii.

Finalmente, en 1939, regresou á Unión Soviética co seu fillo Georgii para reunirse co seu marido, que regresara a Rusia coa súa filla Ariadna en 1937, como responsable da contraespionaxe soviética. Tsvetaeva escribiu ao xefe do NKVD, Beria, pedindo información e defendendo o seu marido, tras unha desgraciada misión oficial. En 1941, Efron e Ariadna foron arrestados, e o home foi fusilado o 16 de outubro de 1941.[3] Ariadna tivo que autoacusarse como era habitual, mais tras permanecer oito anos no gulag, foi arrestada novamente en 1949 e enviada ao desterro no raion de Turukhans. Só foi rehabilitada en 1955.

Cando comezou a Gran Guerra Patria, coa ocupación nazi, Tsvetaeva foi evacuada a Elabuga, Tartarstán, onde finalmente se suicidou en 1941.

A pesar de todas estas desgrazas (e da conciencia escrita delas) deixou obras moi vivas, de impresionante calor, intransixente e cheas de valentía, onde está a lembranza de toda unha serie de escritores e artistas da súa época, así como o retrato das súas propias obsesións, cunha lingua entrecortada e agudísima. A súa correspondencia cruzada con Paternak e Rilke (publicadas a partir de 1979) dá a medida da súa personalidade, a súa forza especial e a atracción de todo tipo que ela exerceu.[4]

A súa obra salvouse da destrución e do esquecemento grazas á súa filla Ariadna Efron. Na Unión Soviética permaneceu case inédita ata despois da segunda guerra mundial, cando comezou a darse a coñecer a través da literatura en follas clandestinas (samizdat).

Nabokov rectificou os seus prexuízos sobre a difícil Tsvetaeva ("lela soamente causa estupor e dor de cabeza"), mais negouse a encabezar a súa rehabilitación, que non chegou de todo ata hai uns días, cando se publicou en Rusia a súa obra completa.

O 8 de outubro de 2015, Google Doodle conmemorou o 123 aniversario do seu nacemento.[6]

  1. "Tsvetaeva, Marina Ivanovna" Who's Who in the Twentieth Century. Oxford University Press, 1999.
  2. La librería de los escritores, La central / Sexto piso, 2007
  3. Tsvetaeva,Confesiones. Vivir en el fuego, pp. 538-543
  4. Cartas del verano de 1926, Minúscula, 2012, intr.
  5. Vila-Matas: 'Galaxia Tsvietáyeva' [1]
  6. "Marina Ivanovna Tsvetaeva’s 123rd Birthday". Google.com. 8 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Karlinsky, Simon: Marina Tsvietáieva: la mujer, su mundo y su poesía. Trad. de Francisco Segovia. 336 páxs. Grijalbo Mondadori, Madrid, 1991. ISBN 84-397-1759-8.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]