Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstado dos Eslovenos, Croatas e Serbios
Država Slovencev, Hrvatov in Srbov (sl)
Država Slovenaca, Hrvata i Srba (hr)
Држава Словенаца, Хрвата и Срба (sr) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°48′00″N 15°58′00″L / 45.8, 15.966666666667Coordenadas: 45°48′00″N 15°58′00″L / 45.8, 15.966666666667
CapitalZagreb Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua eslovena
Lingua serbocroata Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo, Cristianismo ortodoxo e Sunnismo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación29 de outubro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Disolución1 de decembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino dos Sérvios, Croatas e Eslovenos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
República parlamentaria Editar o valor em Wikidata

O Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios foi un efémero goberno autoproclamado polas rexións suroccidentais do Imperio Austrohúngaro despois de que este se disolvera ao finalizar a primeira guerra mundial, polas poboacións de eslovenos, croatas e serbios que habitaban esas rexións do imperio. Uns meses despois da súa formación integrouse no Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.

Nome[editar | editar a fonte]

En esloveno, o Estado era coñecido como Država Slovencev, Hrvatov in Srbov, en croata como Država Slovenaca, Hrvata i Srba, e en serbio como Држава Словенаца, Хрвата и Срба ou Država Slovenaca, Hrvata i Srba.

Os serbios aos que se refire o nome do Estado eran os que residían nos territorios do Imperio Austrohúngaro: Bosnia e Hercegovina, Voivodina, Croacia-Eslavonia (incluíndo Sirmia) e Dalmacia, coas Bocas de Kotor e o litoral de Montenegro até Spič, preto de Bar, non ás poboacións do Reino de Serbia (que comprendía as actuais Macedonia do Norte, Montenegro, Kosovo e Serbia).

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa do antigo Imperio Austrohúngaro, mostrando as zonas habitadas principalmente por eslovenos, croatas e serbios. A maioría destes territorios foron incluídos no Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios.

O Estado foi proclamado en Zagreb o 29 de outubro de 1918 .[1] O seu corpo lexislativo era o Consello Nacional (Narodno vijeće), creado o 6 de outubro de 1918 [1] e formado ad hoc por políticos influentes da época. O presidente era un esloveno, Anton Korošec, mentres que os dous vicepresidentes, Svetozar Pribićević e Ante Pavelić (non debe confundirse con Ante Pavelić, líder do estado croata nazi creado en 1941), eran serbio e croata, respectivamente.

As aspiracións do novo Estado eran incluír todos os territorios do antigo Imperio Austrohúngaro habitados por eslovenos, croatas e serbios.[1] Porén, os serbios de Voivodina (incluíndo as rexións do Banato, Bačka e Baranja) rexeitaron este Estado e formaron a súa propia administración en Novi Sad, (Banato, Bačka e Baranja) baixo a autoridade suprema do Gabinete Nacional de Serbia.

Voivodina uniuse ao Reino de Serbia o 25 de novembro de 1918 . Un día antes disto, o 24 de novembro de 1918 , a rexión de Sirmia, que ao principio era parte do Estado, separouse para unirse ao Reino de Serbia.

Para evitar ter que entregar o seu exército aos gañadores da guerra en concepto de reparación de danos, o Emperador cedeulle ao Consello Nacional do Estado (31 de outubro de 1918 ) a totalidade da súa armada (KuK Kriegsmarine) e a frota mercante, con todos os seus portos, arsenais e fortificacións costeiras.[1]

O Selo de Verigar,
da única serie postal emitida polo Estado, converteuse nun dos símbolos do efémero Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios.

O Consello enviou notificacións diplomáticas aos gobernos de Francia, Reino Unido, Italia, Estados Unidos e Rusia, comunicando que tomara a totalidade da frota austrohúngara. A notificación enviouse demasiado tarde: un comando italiano xa atacara e afundira o SMS Viribus Unitis en Pola. O resto da frota dividiuse posteriormente, principalmente entre Italia, Francia e Gran Bretaña.

Se os Aliados viron este goberno como unha trampa para privalos do seu botín de guerra, os Estados neutrais sinalaron que non podían recoñecelo debido á imposibilidade de demostrar a característica clave para recoñecer a soberanía dun Estado, é dicir, o control do territorio.

O goberno non foi recoñecido internacionalmente antes de que o Consello Nacional decidise, o 24 de novembro de 1918 , unirse ao Reino de Serbia (que xa se unira co Reino de Montenegro, Voivodina e Sirmia) e formara o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos o 1 de decembro de 1918, renunciando ao acordo (Declaración de Xenebra) que o seu presidente Korošec lograra co primeiro ministro serbio Nikola Pašić e os representantes do Comité Iugoslavo no exilio para a unión cuase confederal dos dous estados, fundamentalmente debido á ameaza de invasión de parte do seu territorio por Italia.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Macartney, páx. 363.
  2. Macartney, páx. 366.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ćorović, Vladimir: Ilustrovana istorija Srba. Serbia Central. (2006).
  • Njegovan, Drago: Prisajedinjenje. Voivodina Central. (2004).
  • Macartney, C. A.: Hungary and Her Successors: The Treaty of Trianon and Its Consequences, 1919-1937. Simon Publications (2001).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]