Aférese (lingüística)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha aférese ou ablación é un metaplasmo fonolóxico (ou fonético) que consiste na eliminación dun ou varios fonemas (ou sons) na posición inicial dunha palabra ou secuencia fónica. Este fenómeno pode darse ó longo da historia da lingua ou sincronicamente en diferentes variedades diatópicas. Pode darse pola transformación do elemento inicial nun artigo debido a unha confusión[1], como o caso de bodega e botica que derivan do latín apotheca[2].

Este fenómeno lingüístico, amais de darse no proceso de formación das linguas, dáse tamén na actualidade, como se pode observar nos seguintes exemplos:

  • lectorile (Latín vulgar) > letril > latril > atril.
  • perda da vogal inicial: atopar > *topar
  • perda dunha sílaba inicial: ña nai, miña santiña (Rosalía de Castro)
  • paso de de estar a *tar ou de vamos a *mos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jean Dubois Dicionário de lingüística. Cultrix, 9ª ed, 2004, páxina 19
  2. Xaime Varela. Léxico cotián na Alta Idade Media: a arquitectura civil. Verba, anexo 62, 2008, páxina 29


Metaplasmo
aumento: prótese - epéntese - anaptixe - paragoxe
acurtamento ou elisión: aférese - síncope - apócope
transposición: metátese
amálgama: contracción - sinérese - haploloxía - sandhi - sandhi tonal