Negación do Holocausto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A negación do Holocausto é un pensamento detrás da teoría que nega o xenocidio dos xudeus no Holocausto durante a Segunda Guerra Mundial.[1][2] A negación do Holocausto baséase nas seguintes afirmacións: que o goberno da Alemaña nazi non tiña ningunha política de Solución final ou a intención de exterminar os xudeus; que as autoridades nazis non usaron campos de exterminio ou cámaras de gas para o asasinato en masa dos xudeus; e que o verdadeiro número de xudeus asasinados é significativamente menor que a historicamente aceptada cifra de 5 a 6 millóns.[3]

Os negacionistas do Holocausto non aceptan o termo "negacionismo" como unha descrición axeitada das súas actividades, e empregan o termo "revisionismo" no seu canto. Os estudosos empregan o termo "negacionismo" para diferenciar a negación do Holocausto dos lexítimos revisionistas históricos, que empregan metodoloxías fundamentadas. As metodoloxías dos negacionistas do Holocausto son contrarias á realidade, e están baseadas nunha conclusión predeterminada que nega a inmensa cantidade de probas históricas que o evidencian.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Donald L Niewyk, The Columbia Guide to the Holocaust, Columbia University Press, 2000, p. 45: "O Holocausto é comunmente definido como o asasinato de máis de 5.000.000 de xudeus a mans dos alemáns na Segunda Guerra Mundial."
  2. "Holocaust denial - The IHR's Questions & Answers, and Nizkor's Responses". Nizkor Project. Consultado o 28 de setembro de 2013. 
  3. "How many Jews were murdered in the Holocaust? How do we know? Do we have their names?", The Holocaust Resource Center Faqs, Yad Vashem website. Consultado o 17 de febreiro de 2011.