Anne Frank

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anne Frank
AnneFrankSchoolPhoto.jpg
Frank en 1940.
Nome completoAnnelies Marie Frank
Nacemento12 de xuño de 1929
 Frankfurt, Alemaña
Falecementofebreiro ou marzo de 1945
 Campo de concentración de Bergen-Belsen, Baixa Saxonia, Alemaña
CausaTifo
SoterradaBergen-Belsen
NacionalidadeAlemá até 1941
Sen estado dende 1941
EtniaAsquenací e Pobo xudeu
RelixiónXudaísmo
Educada en6e Montessorischool Anne Frank
Ocupacióndiarista
PaiOtto Frank
NaiEdith Frank
IrmánsMargot Frank
Coñecido/a porDiario de Ana Frank
Anne Frank signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Annelies Marie Frank, máis coñecida como Anne Frank ou Ana Frank, nada en Frankfurt o 12 de xullo de 1929 e finada en marzo de 1945, foi unha xudía vítima do nazismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando era pequena tivo que abandonar Alemaña xunto coa súa familia fuxindo dos nazis. Mudáronse a Ámsterdan, pero cando en 1940 os Países Baixos foi invadida polos alemáns as cousas comezaron a se poñer difíciles para os xudeus residentes nos Países Baixos. En 1942, Ana e a súa familia por mor da persecución dos nazis tiveron que agocharse no que na construción tradicional de Ámsterdam se denomina Achterhuis (traseira da casa) no edificio das oficinas do seu pai e ao que se accedía por unha entrada secreta. Compartiron o refuxio con outras catro persoas máis, en total eran oito os ocupantes da “Casa de Atrás”. Durante a súa estancia no agocho, que durou máis de dous anos, Ana relatou todas as súas vivencias no seu diario ata o 4 de agosto de 1944, data en que foron descubertos e detidos por axentes das SS.

Estatua de Ana Frank en Utrecht.

Os oito ocupantes do refuxio foron enviados primeiro ao campo de prisioneiros de Westerbork e logo ao campo de concentración de Auschwitz. Un mes máis tarde, Ana e a súa irmá Margot foron deportadas ao campo de Bergen-Belsen no norte de Alemaña.

Alí morreu Margot a causa dunha epidemia de tifo, e uns días despois tamén morreu Anne. As datas das súas mortes deben situarse en marzo de 1945, os seus corpos descansan posiblemente nunha das fosas comúns do campo. Margot tiña dezanove anos e Anne estaba a piques de facer dezaseis anos.

Fachada principal do edificio das oficinas de Otto Frank, onde se atopaba a "Casa de Atrás".

Dos oito ocupantes da “Casa de Atrás” só Otto Heinrich Frank, o pai de Anne conseguiu sobrevivir, el ocupouse de dar a coñecer a obra da súa filla. O Diario de Ana Frank considérase o testemuño escrito máis importante do Holocausto, todo un best-séller traducido a 55 idiomas. Tivo tamén unha adaptación teatral en 1955 e unha cinematográfica en 1959, as dúas estreadas con grande éxito. Tamén se publicaron algúns dos contos que Ana escribiu durante o seu encerro que demostran a grande escritora que puido chegar a ser. Ana escribiu: “A pesar de todo sigo pensando que a xente é boa”.

A Achterhuis , a “Casa de Atrás” é unha das principias atraccións turísticas de Ámsterdan. A Fundación Anne Frank e a Anne Frank Fonds, institucións fundadas por Otto Frank, seguen a funcionar hoxe en día e dirixen as súas accións contra a intolerancia e a discriminación racial.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]