Guerra de Indochina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Primeira Guerra de Indochina»)
Guerra de Indochina

Data: 1946-1954
Lugar: Indochina francesa, especialmente Tonkín
Conflito: Guerras de Indochina, guerra fría e descolonización de Asia
Resultado: Vitoria comunista do Việt Minh[1][2][3][4]

A primeira guerra de Indochina, coñecida como guerra de Indochina en Francia e guerra de resistencia antifrancesa en Vietnam comezou na Indochina francesa o 19 de decembro de 1946 e durou ata o 20 de xullo de 1954, aínda que os enfrontamentos entre as forzas francesas e os seus rivais do Việt Minh no sur databan de setembro de 1945. O conflito enfrontou unha serie de forzas, incluído o Corpo Expedicionario do Extremo Oriente Francés da Unión Francesa, dirixido polo goberno de Francia e apoiado polo exército nacional vietnamita do ex emperador Bảo Đại contra o exército popular de Vietnam e o Việt Minh (parte do Partido Comunista),[5] liderada por Võ Nguyên Giáp e Hồ Chí Minh.[6][7] A maior parte dos combates tiveron lugar en Tonkín, ao norte de Vietnam,[8] aínda que o conflito involucrou todo o país e tamén se estendeu aos protectorados veciños de Laos e Camboxa.

Soldados franceses usando un canón de 57 mm contra a artillería Việt Minh (novembro de 1953)

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Aproveitando o baleiro de poder que as tropas británicas apenas conseguiron encher, os guerrilleiros comunistas Việt Minh fixéronse co poder e proclamaron a independencia do que hoxe é Vietnam (setembro de 1945). Non obstante, as autoridades coloniais francesas rexeitaron rotundamente chegar a un acordo co líder comunista Hồ Chí Minh. Os franceses restableceron o poder colonial e instalaron o emperador Bảo Đại como un xefe de goberno monicreque.

A guerra[editar | editar a fonte]

Inicialmente os franceses pensaron que a guerrilla vietnamita non era un adversario que cumpría tomar en serio. Durante a segunda guerra mundial, a guerrilla demostrara ser un elemento táctico nada desprezable, mais aínda non se tiña en conta a posibilidade de que un exército irregular gañase unha campaña por si mesmo. Tardaron varios anos en apreciar a capacidade estratéxica dun exército guerrilleiro. A gran lección chegou coa guerra civil chinesa, que rematou en 1949 coa abafadora vitoria comunista despois dunha campaña de dous anos.

O Việt Minh recibiu axuda da China comunista e comezou a poñer en perigo o exército colonial francés. En París, os gobernos da Cuarta República Francesa rexeitaron enviar recrutas a Indochina e como resultado a sangría de tropas de unidades profesionais de elite (a Lexión Estranxeira, paracaidistas ou rexementos coloniais) provocou queixas entre os militares.

O declive final produciuse en 1954, cando o alto mando francés, lanzando paracaidistas, intentou establecer un potente posto avanzado nun lugar chamado Dien Bien Phu, no corazón do territorio dominado polo Việt Minh. Porén, foron os comunistas os que esmagaron as unidades de elite do exército francés e enfrontáronse á magnitude da derrota na batalla de Dien Bien Phu,[9] e despois de que os estadounidenses desbotasen o uso de armas atómicas para axudalos, os franceses decidiron inmediatamente acceder a unha conferencia de paz (Xenebra, 1954) que puxo fin á primeira guerra de Indochina.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Desta conferencia xurdiron dous estados vietnamitas: un no norte, comunista e outro no sur, formalmente liberal, que continuou a ser gobernado polo emperador Bảo Đại .

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Cartel celebrando o 60.º aniversario do recoñecemento francés da independencia de Vietnam do Norte

Aínda que é unha especie de tabú en Francia, "a guerra sucia" apareceu en varios filmes, libros e cancións. Desde a desclasificación na década de 2000, estreáronse documentais que empregaban novas perspectivas sobre a implicación encuberta dos Estados Unidos e críticas abertas sobre a propaganda francesa que se usou durante a guerra.

O célebre propagandista comunista Roman Karmen estaba a cargo da explotación dos medios durante a batalla de Dien Bien Phu. No seu documental Vietnam (Вьетнам, 1955) escenificou a famosa escena do levantamento da bandeira do Việt Minh flag sobre o búnker de de Castries de xeito similar a como o fixo no tellado do Reichstag durante a segunda guerra mundial (Берлин, 1945) e para a columna de prisioneiros de guerra en forma de "S" marchando despois da batalla empregou a mesma técnica óptica coa que experimentara antes cando puxo en escena os prisioneiros alemáns despois do sitio de Leningrado (Ленинград в борьбе, 1942) e da batalla de Moscova (Разгром немецких войск под Москвой, 1942).[10][11]

Hollywood realizou un filme sobre Dien Bien Phu en 1955, Jump into Hell, dirixido por David Butler e escrito por Irving Wallace antes de acadar a fama como novelista. Hollywood realizou outros filmes sobre a guerra, como Rogues' Regiment (Robert Florey, 1948), China Gate (Samuel Fuller, 1957) e Five Gates to Hell (James Clavell, 1959).

O primeiro filme francés sobre a guerra, Patrouille de Choc, de Claude Bernard-Aubert, chegou en 1956. A censura francesa cortou algunhas escenas violentas e fixo que o director cambiase o final do filme, que foi considerado "demasiado pesimista".[12] O filme de Léo Joannon Fort du Fou estreouse en 1963. Outro filme foi La 317ème Section (1964), dirixido polo veterano da guerra Pierre Schoendoerffer.

A novela de Graham Greene The Quiet American ten lugar durante esta guerra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lee Lanning, Michael (2008). Inside the VC and the NVA. Texas A&M University Press. p. 119. ISBN 978-1-60344-059-2. 
  2. Crozier, Brian (2005). Political Victory: The Elusive Prize Of Military Wars. Transaction. p. 47. ISBN 978-0-7658-0290-3. 
  3. Fall, Street Without Joy, p. 63.
  4. Logevall, Fredrik (2012). Embers of War: the fall of an empire and the making of America's Vietnam. Random House. pp. 596–599. ISBN 978-0-375-75647-4. 
  5. Vo, Nghia M. (31 de agosto de 2011). Saigon: A History. McFarland. ISBN 9780786486342 – vía Google Books. 
  6. "Ho Chi Minh, President of North Vietnam". Encyclopaedia Britannica. 
  7. "Vo Nguyen Giap, Vietnamese general". Encyclopaedia Britannica. 
  8. "Gulf of Tonkin Resolution - Definition, Cause & Significance - HISTORY". 
  9. Flitton, Dave. "Battlefield Vietnam – Dien Bien Phu, the legacy". Public Broadcasting System PBS. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  10. Pierre Schoendoerffer interview with Jean Guisnel in Some edited pictures Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  11. Roman Karmen, un cinéaste au service de la révolution Arquivado 14 de setembro de 2007 en Wayback Machine., Dominique Chapuis & Patrick Barbéris, Kuiv Productions / Arte France, 2001
  12. "La Cinémathèque de Toulouse". www.lacinemathequedetoulouse.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]