Minsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 53°54′N 27°34′L / 53.900, -27.567

Minsk
Мінск · Минск
Flag of Minsk, Belarus.svg
Coat of arms of Minsk.svg
Minsk montage 240513.jpg
Localización
Minsk en Belarús
Minsk
Minsk
PaísBelarús Belarús
RexiónCidade de Minsk
(rexión especial)
Xeografía
Altitude280´4 msnm
Superficie305´48 km²
Demografía
Poboación1 907 700 hab. (2013)
Densidade6.852 hab/km²
Outros datos
Código postal220001-220141
AlcaldeAnatol Sivak[1]
http://www.minsk.gov.by

Minsk (en belaruso: Менск ou Мінск; en ruso: Минск; en polaco: Mińsk) é a capital e cidade máis grande de Belarús. Está situada no centro do país, e está atravesada polos ríos Nyamiha e Sviloch. É a sede administrativa da Comunidade de Estados Independentes (CEI).

A cidade ten unha extensión de 348 km² na que habitaban un total de 1 907 700 persoas en 2013.[2]

Como capital do Estado, Minsk ten un status administrativo especial dentro de Belarús e é ademais a capital da rexión de Minsk e do distrito homónimo.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras referencias históricas da cidade datan do século XI (1067), cando é nomeada como cidade provincial no principado de Polotsk. O asentamento desenvolveuse nos ríos que o atravesan. No ano 1242, Minsk converteuse en parte do Gran Ducado de Lituania e recibiu o título de cidade en 1499.

Desde 1569 foi a capital do Voivodato de Minsk, na República das Dúas Nacións ou Mancomunidade de Polonia-Lituania. En 1793 foi unha das rexións anexionadas polo Imperio ruso como consecuencia da Segunda partición de Polonia.

Gran parte da cidade foi destruída como consecuencia dos bombardeos da Alemaña nazi durante a Segunda Guerra Mundial. En efecto, durante a invasión alemá á Unión Soviética en 1941 (Operación Barbarroxa), Minsk foi invadida de inmediato. A cidade foi bombardeada polos alemáns desde o primeiro día da guerra e foi invadida catro días máis tarde. Os nazis converteron a cidade no centro administrativo do Reichskommissariat Ostland e comezaron a reprimir duramente a poboación, especialmente a comunista e a xudía. Un gueto xudeu de cen mil acodes foi construído en Minsk. A cidade foi reconquistada polos soviéticos o 3 de xullo de 1944. Ao final da guerra, cerca do 80% da cidade estaba en ruínas. Minsk foi reconstruída ao estilo soviético.

Nos últimos anos da década de 1980, o accidente de Chernóbil tocou unha gran parte do sueste do país, o acceso a algunhas zonas aínda está restrinxido. A cidade foi capital da República Socialista Soviética de Belarús desde 1919 ata 1991, cando pasou a ser a capital da República de Belarús.

Actualmente Minsk é unha gran metrópole cunha arquitectura predominante da época soviética, aínda que tamén con edificios modernos que datan de despois da caída da Unión Soviética.

O 11 de abril de 2011 Atentado bomba nun metro na cidade de Minsk, Belarús mata 12 persoas e deixa 204 feridos.

O 78º campionato do mundo de hóckey sobre xeo celebrouse na Minsk entre o 9 e o 25 de maio de 2014.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Segundo a lenda, un xigante chamado Menesk ou Mincz tiña un muíño sobre as ribeiras do río veciño á cidade. Alí moía as pedras para facer os pans cos que alimentaba aos seus guerreiros. O nome de "Minsk" quizais procede da palabra belarusa Mensk, que deriva da palabra мена (miena 'cambio, cambiar', en galego), baseada na longa historia comercial da cidade.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista do Sviloch e da cidade de Minsk ao fondo.

Minsk está situada na ladeira sueste dos outeiros homónimos, unha sección de outeiros cuxa dirección vai desde o suroeste na cunca alta do río Niemen, ao nordeste de Belarús, no lago Lukomsko ao noroeste. A altitude media da cidade é de 220 metros sobre o nivel do mar. A xeografía de Minsk formouse durante as dúas eras glaciais máis recentes. O río Sviloch, que flúe a través da cidade desde o noroeste ao suroeste, está no Urstromtal, un antigo val fluvial formado pola auga que flúe das capas de xeo de fusión a finais da última Idade do xeo.

O desenvolvemento orixinal da cidade foi nos devanditos outeiros, o que permitiu a fácil construción de fortificacións para a defensa. Porén, no século XX, creceu en dirección sueste incluíndo as chairas relativamente planas dos arredores. A parte occidental da cidade é a máis montañosa.

O ecosistema predominante na cidade, ao igual que no resto do país é o Bosque temperado de frondosas, presente especialmente no norte e o leste da mesma. Co crecemento da metrópole, algúns dos bosques orixinais foron preservados en parques, como por exemplo o Parque Chelyuskinites.

Clima[editar | editar a fonte]

Minsk ten un clima continental húmido (Köppen Dfb), debido a súa localización entre a influencia do aire húmido do Océano Atlántico e o aire seco da masa continental euroasiática. O clima é inestable e tende a cambiar con frecuencia. A temperatura media en xaneiro é de -4,5 °C, mentres que en xullo é 18,5 °C. A temperatura máis baixa rexistrada foi de -40 °C o 17 de xaneiro de 1940, e a máis cálida se rexistrou o 29 de xullo de 1936 e foi de 35 °C.

Isto da lugar a frecuentes néboas no outono e primavera. Minsk recibe unha precipitación anual de 690 milímetros, das cales unha terceira parte é no período de frío (como neve e choiva) e dous terzos no período de quentamento. Ao longo do ano, sopran ventos do oeste e noroeste traendo aire fresco e húmido do Atlántico.

Administración[editar | editar a fonte]

Minsk está dividida en pequenas unidades administrativas, organizadas en 1938, debido ao gran crecemento da cidade. O 17 de marzo de 1938, tres distritos foron establecidos, Stalinsky (Zavodski desde 1961), Varashylauski (Savetski desde 1961) e Kahanovichski (Kastrychnitsky desde 1957). Na actualidade a cidade está dividida en nove distritos: Frunzenski, Kastrychnitski, Leninski, Maskouski, Partyzanski, Pershamayski, Savetski, Tsentralny e Zavodzki.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]