Historia de Polonia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Mellore este artigo: Cabeceiras das seccións Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Historia de Polonia remóntase 10 séculos atrás. Sempre determinada pola localización xeográfica, en momentos foi ponte noutros muro entre Occidente e Oriente. No ano 966 coa evanxelización católica (un dos máis claros signos identificativos da nacionalidade polaca), Polonia estaba chamada a se converter nun bastión a partir do cal expandi-la cristiandade cara o leste e protexe-la no oeste. Pero veciños máis poderosos puxeron en repetidas ocasións a Polonia en situación de desaparecer. Checos, lituanos, alemáns, austríacos, franceses, suecos e sobre todo rusos conquistaron ó longo do tempo o territorio polaco, que en ocasións quedara reducido a estado vasalo como ducado cando non desaparecía do mapa.
Dende 1918 é un estado completamente soberano, aínda que máis da metade do século volverá a depender de Rusia, esta vez como socio comercial (COMECON) e militar (Pacto de Varsovia). A incorporación en 1999 á OTAN e en 2004 á Unión Europea, sitúan a Polonia na meirande alianza de nacións democráticas e prósperas do mundo.
Polonia Medieval 966 - 1385[editar | editar a fonte]
No a no 966 sitúase a fundación de Polonia, co bautismo de Miescko I ó catolicismo. Mieszko era o duque dos polanos e fundador da dinastía Piast. O seu fillo, Boleslao I, unificou os territorios no que aproximadamente hoxe é Polonia. E en 1025 coroouse baixo autoridade papal primeiro rei de Polonia. En 1138, os fillos de Boleslao III herdan o reino e repárteno en catro partes. O país entra nun período de guerra civil e loitas polo poder. En 1241 os mongois invaden Polonia.
En 1226, Conrado I de Masovia alíase cos cabaleiros teutóns para pelexar contra os prusianos. Trala vitoria, os teutóns levarían a guerra contra os propios polacos e incluso contra os lituanos nos séculos XIV e XV. Debido á presión da guerra, Polonia expándese neses séculos cara o leste. Por fin, baixo Ladislao I de Polonia, conséguese a reunificación. O seu fillo Casimiro III de Polonia "o Grande", morrería sen fillos e sería o derradeiro monarca da dinastía Piast. O seu sobriño, o anxevino Lois I de Hungría, herda o trono.
En 1385, a filla de Lois I asina co Grande Duque de Lituania un acordo de alianza contra os cabaleiros teutóns (ver Unión polacolituana).
A era Xaguiellón 1385-1572[editar | editar a fonte]
Os exércitos unidos do Grande Ducado de Lituania e do Reino de Polonia, obteñen a decisiva vitoria na batalla de Grundwald en 1410. Os cabaleiros teutóns xamais se recuperarán da derrota, e ata vense obrigados a desface-lo seu Estado Monástico Teutón en Prusia. En 1569 lituanos e polacos únense na Rzeczpospolita (república en polaco) (ver Unión de Lublin). O estado resultante é o segundo maior de Europa tras Rusia e ten unha considerable influencia en Europa oriental e Central, e ata serve de contraforza contra o Imperio Otomán. No século XIV prodúcese unha importante inmigración de xudeus dende Europa occidental por ser acusados de expandi-la Peste Negra. En Polonia existe a liberdade relixiosa e ata os xudeus son ben recibidos polas clases aristocráticas e as familias reais. Sendo mal vistos polo campesiñado católico. No século XVIII chegarán a se-lo 7% da poboación urbana. A maior porcentaxe de poboación xudía nun país católico.
A unión polaco-lituana 1572 - 1795[editar | editar a fonte]
En 1572 o rei Sigmundo Augusto morreu sen herdeiros. Debido a prosperidade polaca, ninguén defendeu un claro candidato e fixo provocar unha guerra civil. No canto, Polonia celebrou un sistema de elección polaco para o seu próximo rei (a democracia dos nobres). En 1573 reuníronse en Varsovia tódolos nobres polacos e votaron "libremente e entre iguais" por catro candidatos. Henryk Walezy gañou a elección (derrotando ó tsar Iván IV e ó rei de Suecia entre outros), pero tras catro meses de reinado, recibiu novas da morte do seu irmán -o rei de Francia-, e volveu a Francia para tomar posesión coma Henrique III de Francia. Isto desconcertou á nobreza polaca, xa que nese tempo Polonia era un estado máis rico que Francia.
Unha serie de disputas entre os nobres no século XVIII, e a negativa de moderniza-los sistemas produtivos no agro, atrasou a industrialización en Polonia e relegou a súa influencia en Europa. O 3 de maio de 1791 apróbase unha Constitución moderna, que converte á Unión polaco-lituana nunha monarquía parlamentaria (Primeira República Polaca). As posibilidades de recuperación económica que traía a Constitución foron truncadas polas invasións das nacións veciñas.
As particións de Polonia, século XVIII[editar | editar a fonte]
A finais do XVIII, Polonia foi repartida tres veces dando morte á Unión polaco-lituana. A saber:
- 5 de agosto de 1772, Prusia, Rusia e Austria asinan en Viena a primeira repartición de Polonia (30% do territorio). Stanislao II pediu axuda ós países de Europa occidental, pero non responderon. O Parlamento polaco foi obrigado a asina-lo repartimento.
- 23 de xaneiro de 1793, en 1790 Polonia asinara un tratado de alianza contranatural con Prusia. Cando o exército ruso invadiu Polonia en 1792, os prusianos non axudaron. De feito, Prusia e Rusia se repartiron outra terceira parte de Polonia. En 1794 houbo unha pequena tentativa de recupera-la soberanía nacional liderada polo revolucionario Tadeusz Kościuszko. A revolta foi rapidamente sufocada.
- 24 de outubro de 1795, coa terceira repartición, outra vez entre Prusia, Rusia e Austria, Polonia desaparece -literalmente- do mapa.
Grande Ducado de Varsovia e Vasalaxe rusa (1807- 1918)[editar | editar a fonte]
En 1807 no marco das guerras napoleónicas, Francia derrota a Prusia e Napoleón I establece o Ducado de Varsovia (comunmente chamado Grande Ducado de Varsovia) e pon no trono a Federico Augusto I de Saxonia. ISto fixo entre os nacionalistas polacos os máis fiei aliados de Francia xa que recuperaron os azos de recuperar algún día a súa patria.
Trala derrota final de Francia, no Congreso de Viena de 1815 no que se decide o futuro de Europa, o ducado pasa case na súa totalidade a se-lo Reino de Polonia, baixo mandato do csar ruso.
Independencia (1918 - 1939)[editar | editar a fonte]
As potencias derrotadas da Primeira Guerra Mundial retiráronse de Polonia polo Tratado de Versalles (1919), Rusia en plena guerra civil tamén viuse obrigada a retirarse, perdendo territorio incluso na guerra polaco-soviética e moi danada pola guerra civil subseguinte á revolución bolxevique. O tratado ata lle daba a Polonia territorios prusianos do II Reich (corredor de Danzig).
Segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Segunda guerra mundial.
O 23 de agosto de 1939 o Terceiro Reich e a Unión Soviética asinan un tratado de non agresión, no que deciden un novo repartimento de Polonia. O 1 de setembro de 1939 Alemaña invade Polonia. O 17 de setembro a invade a Unión Soviética. No verán de 1941, segundo a Operación Barbarossa, toda Polonia queda en mans alemás. Formouse un goberno no exilio (que durou ata 1990), primeiro en París e logo en Londres. 400.000 polacos loitaron no lado do Exército Roxo e 200.000 na fronte occidental mandados polo goberno do exilio e encadrados en divisións británicas.
Cando os alemáns descubriron as fosas de Katyn onde miles de oficiais polacos foran asasinados polos soviéticos. O goberno polaco no exilio esixiu a investigación da Cruz Vermella. A Unión Soviética cortou entón relacións co goberno polaco.
En xullo de 1944 os soviéticos conquistaron o leste polaco e estableceron en Lublin o "Comité Polaco de Liberación Nacional". Durante a guerra 6 millóns de polacos foron asasinados polos alemáns, 2,5 millóns deportados a Alemaña a campos de traballos forzados, 3 millóns de xudeus polacos foron asasinados en campos de exterminio (ver Holocausto), nos guetos ou por enfermidades nos guetos. Outro medio millón de polacos foron deportados ó gulag.
Trala guerra, a Silesia alemá, Pomerania e parte de Prusia, xunto con Danzig foron dadas á nova Polonia. Oito millóns de alemáns foron expulsados dos seus fogares e recolocados en Alemaña. Medio millón de alemáns morrerían nos vindeiros anos nos campos de traballos forzados do goberno comunista polaco (Lambinowice).
República Popular de Polonia[editar | editar a fonte]
Nunhas eleccións controladas polo Partido Polaco dos Traballadores Unidos (PZPR), os comunistas acadaron o poder. Era o ano 1947, o mesmo partido non perdería o poder ata 1989.
En outubro de 1978 Xoán Paulo II converteríase no primeiro Papa polaco. O 1 de xullo de 1980, a billonaria débeda do goberno polaco, levouno a subi-lo prezo da comida. As folgas subsecuentes paralizaron durante o verán as minas de carbón en Silesia. O 31 de agosto de 1980, os traballadores asinaron un acordo de 21 puntos co goberno comunista. O máis importante era o dereito dos traballadores a formar sindicatos á marxe do goberno comunista.
Nos estaleiros de Danzig (Gdansk en polaco), fundouse o sindicato Solidariedade, dirixido por Lech Walesa. Sería a punta de lanza dun amplo movemento anticomunista que abranguía dende a Igrexa católica polaca (quen contaban cun grande aliado no Vaticano) ata sectores esquerdistas prodemocráticos. O goberno cada vez perdía influencia.
Trala desfeita do PZPR e o descubrimento da corrupción e enriquecemento persoal dos dirixentes do partido. O descontento conta os comunistas aumentou en Polonia e outros países. A Unión Soviética incrementou notablemente as posicións do seu exército na fronteira polaca (1980). En 1981 o xeneral Wojciech Jaruzelski é elixido Primeiro Secretario do PZPR. Entre o 12 e o 13 de decembro ordena arrestar ós principais membros de Solidariedade e declara a lei marcial. Esta duraría dous anos. Ata 1986 non sería liberada a meirande parte dos influentes dirixentes de Solidariedade.
Transición e Democracia[editar | editar a fonte]
En 1989 as Conversacións da Mesa Redonda, entre Solidariedade e o goberno comunista deron lugar a unhas eleccións semi-libres das que Lech Walesa sairía presidente. Este feito desencadearía o colapso das ditaduras comunistas de Europa oriental (ver Guerra fría).
Tras 1989 Polonia adopta a democracia como sistema de goberno e o capitalismo como sistema económico. Ingresa na OTAN e na UE.
Gobernantes de Polonia[editar | editar a fonte]
Dinastía dos Piastas
(Dynastia Piastów) (962-1138)[editar | editar a fonte]
- Piast (800 ca.).
- Siemowit (870- 900).
- Leszko (900-930).
- Siemomysł (930-960).
- Miecislao I (962-992).
- Boleslao I o Bravo (992-1025), rei en 1025.
- Miecislao II (Rei 1025-1031, Duque 1032-1034).
- Casimiro I o Restaurador (1039-1058).
- Boleslao II o Temerario (1058-1079), rei entre 1076-1079, deposto.
- Ladislau I Herman (1079-1102).
- Zbigniew e Boleslao III o Bocatorcida (1102-1107) xuntos).
- Boleslao III o Bocatorcida (1107-1138).
División territorial
(Rozbicie dzielnicowe) (1138-1306)[editar | editar a fonte]
Nota: só se citan aquí os gobernantes recoñecidos co título de Gran Duque de toda Polonia (normalmente os que exercían o seu control sobre a "provincia real de Cracovia")
- Ladislau II o Exiliado (1138-1146) (Władysław Wygnaniec, exiliado polos seus irmáns).
- Boleslao IV o Rizado (1146-1173) (Bolesław Kędzierzawy).
- Casimiro II o Xusto (1173-1194) (Kazimierz Sprawiedliwy).
- Miecislao III o Vello (Mieszko Stary) e Leszek I o Branco (1194-1202) Leszek Bialy).
- Ladislau Laskonogi (1202) (Władysław Laskonogi).
- Leszek I o Branco (1202-1210).
- Mieszko Platonogi (1210-1211).
- Leszek I o Branco (1211-1227) Leszek Biały.
- Ladislau Laskonogi (1227-1228).
- Conrado I de Mazovia (1228-1232) Konrad Mazowiecki.
- Henrique I o Barbudo (1232-1238) Henryk I Brodaty.
- Henrique II o Piadoso (1238-1241) Henryk II Pobożny.
- Conrado I de Mazovia (1241-1243) Konrad Mazowiecki.
- Boleslao V o Casto (1243-1279) Bolesław Wstydliwy.
- Leszek II o Negro (1279-1288) Leszek Czarny
- Henrique IV o Probo (1288-1290).
- Premislao II, Duque de Polonia (Duque de Cracovia 1290-1291) rei 1295-1296. Primeiro rei polaco con título hereditario. A partir da súa elección, Polonia ascende ao rango de reino.
- Venceslau II de Bohemia (1291-1305) rei de Polonia 1300-1305.
- Venceslau III de Bohemia (1305-1306) Asasinado antes da coroación.
Unificación so os Piastas (1306-1370)[editar | editar a fonte]
- Ladislau I o Breve (1306-1333) (ata 1320, Duque Ladislau IV) rei de Polonia 1320-1333.
- Casimiro III o Grande (rei 1333-1370).
Dinastía Anxevina (Rama Capeto-Anjou-Sicilia)
(Dynastia Andegawenów) (1370-1386 ?)[editar | editar a fonte]
- Lois I de Hungría (Rei 1370-1382)
- Eduvixes I Eduvixes de Anjou (Raíña 1384-1399)
Dinastía Xaguiellón
(Dynastia Jagiellonów) (1386-1572)[editar | editar a fonte]
- Ladislau II Xaguiellón (rei 1386-1434).
- Ladislau III Xaguiellón (rei 1434-1444).
- Casimiro IV Xaguiellón (rei 1447-1492).
- Xoán I Alberto (rei 1492-1501).
- Alexandre I Xaguiellón (rei 1501-1506).
- Sexismundo I Xaguiellón o Vello (rei 1506-1548).
- Sexismundo II Augusto Xaguiellón (rei 1548-1572).
- Ana Xaguiellón de Polonia (Raíña 1575-1587).
Reis electivos
(Królowie elekcyjni) (1572-1795)[editar | editar a fonte]
- Henrique de Valois (rei 1572-1573).
- Estevo I Bathory (rei xunto á súa esposa Ana Xaguiellón 1576-1586).
- Dinastía Vasa reis de Suecia e de Polonia (1587 - 1668):
- Sexismundo III Vasa (rei 1587-1632).
- Ladislau IV (rei 1632-1648).
- Xoán II Casimiro (rei 1648-1668) abdicado.
- Miguel Korybut Wisniowiecki (rei 1669-1673).
- Xoán III Sobieski (rei 1674-1696).
- Wettin Electores de Saxonia do Sacro Imperio Romano Xermánico etc (1697-1706, 1709-1766):
- Augusto II o Forte (rei 1697-1706, 1709-1733), ademais Elector de Saxonia (como Federico Augusto I).
- Estanislau I Leszczynski (rei 1706-1709, 1733-1736).
- Augusto III Wettin (rei 1733-1763) Elector de Saxonia (como Federico Augusto II).
- Estanislau II Poniatowski (rei 1764-1795) abdicado.
Reino Constitucional, Reino de Polonia
(Kongresówka, Królestwo Polskie) (1815-1832)[editar | editar a fonte]
(anexado a Rusia) Nota: cinco tsares de Rusia adxudicáronse o título de rei de Polonia.
- Alexandre II (1815-1825).
- Nicolao I (1825-1831-1855) (deposto polo Parlamento polaco o 25 de xaneiro de 1831 durante a insurrección de novembro. Dominou a rebelión e retomou o poder sobre o país).
- Alexandre III (1855-1881).
- Alexandre IV (1881-1894).
- Nicolao II (1894-1916) o 5 de novembro de 1916 proclámase a autonomía da Polonia rusa polas forzas alemás que a ocuparan durante a primeira guerra mundial.