Sinagoga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinagoga Santa María la Blanca, en Toledo.
A Staronová synagoga de Praga, construída en 1270, é a sinagoga activa máis vella do mundo.

A sinagoga (do grego συναγωγή, transliterado synagogē, "asemblea"; en hebreo בית כנסת beit knesset, "casa da asemblea"; en yiddish שול, shul; en ladino אסנוגה, esnoga) é a casa de oración dos practicantes do xudaísmo.

O termo hebreo Beit Knesset - בית כנסת ("Casa da asemblea"), non debe confundirse co Knesset, o parlamento israelí. Algunhas congregacións empregan o termo Beit Tefila - בית תפילה ("Casa da oración").

Moitos xudeus ortodoxos e conservadores dos países de lingua inglesa empregan o termo yiddish "shul." O emprego do termo "sinagoga" resérvase para ocasións formais. Os xudeus sefardís chaman á sinagoga "Esnoga". As congregacións reformistas e conservadoras dos Estados Unidos adoitan empregar o termo "templo."

As sinagogas adoitan posuír un vestíbulo para a oración (o santuario), pequenos cuartos de estudo, e ás veces un cuarto social e algunhas oficinas. Algunhas sinagogas posúen un cuarto especial para o estudo da Torah, chamado a Beit midrash - בית מדרש ("Casa do estudo").

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]