Łódź

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Lodz é unha cidade polaca situada no centro do país, a 121 Km ó suroeste da capital.. Trátase da terceira cidade máis poboada de Polonia, con 742400 habitantes segundo un informe do 2018, despois de Varsovia e Cracovia.

O escudo da cidade representa unha barca, dándolle nome á cidade, tradución literal do polaco <<Łozd>>. A súa historia está estreitamente relacionada co desenvolvemento da industria téxtil.

Moitos dos seus habitantes fixeron grandes fortunas na produción de teas e no comercio, contribuíndo ó desenvolvemento da cidade. Actualmente conta cunha ruta turística que mostra algúns dos sitios históricos que se asocian coa orixe industrial de Lodz.

HISTORIA

Lodz foi un pequeno asentamento que apareceu por primeira vez en rexistros escritos arredor de 1332, nun documento no que se facía entrega da vila de Łodzia ós bispos de Włocławek.

En 1423 se lle concedeu o título de cidade. Dende entón e ata o século XVIII foi un pequeno asentamento, propiedade de bispos e clérigos kuyavianos, situado nunha ruta comercial entre Mazovia e Silesia. Por aquel entón a maioría da poboación era agricultora.

En 1793, como resultado da segunda partición de Polonia, Lodz foi anexionado por Prusia, tomando o nome pruso de Lodsch. En 1806 uniuse ó Gran Ducado de Varsovia, creado por Napoleón I co fin de restablecer o estado polaco, e nove anos mais tarde, en 1815, pasou a formar parte de Rusia.

Cara 1820 xurdiu un movemento por parte dun ilustre polaco, Stanisław Staszic, que rematou por converter Lodz no principal centro de produción téxtil de todo o imperio ruso. A cidade pasou a ser coñecida como Terra Prometida por inmigrantes de todas partes de Europa. Polacos, xermanos e xudeus foron os tres pobos que mais contribuíron ó desenvolvemento da cidade.

En 1850 a abolición dos aranceis nas aduanas entre Rusia e Polonia deu lugar a un importante crecemento industrial en Lodz, converténdoa na segunda cidade máis grande de Polonia. Pero o desenvolvemento industrial mais grande da historia da cidade produciuse no período entre 1870 e 1890, grazas a inauguración do ferrocarril que comunicaría a cidade con Varsovia e Viena.

Lodz converteuse nun dos centros do movemento socialista, e a pesar da crise precedente á Primeira Guerra Mundial medrou constantemente ata 1914, chegando a ser unha das cidades industriais mais poboadas do mundo.

Durante a primeira parte da Primeira Guerra Mundial estivo baixo dominio alemán. En 1918, co remate da guerra, Lodz perdera case o 40% da súa poboación debido ó recrutamento de tropas, ás epidemias e a emigración.

Nos anos posteriores a Primeira Guerra Mundial, Lodz viuse somerxida nunha gran depresión, debido a guerra de aduanas con Alemania, que rematou co comercio téxtil e cos mercados do oeste, e á Revolución Rusa e á Guerra Civil Rusa, que tamén remataron co comercio dos territorios do este. Todo isto desencadeou nunha morea de disturbios e protestas dos traballadores.

Na época dá preguerra, os xudeus de Lodz formaban a segunda maior comunidade de xudeus, despois de Varsovia. As tropas alemás ocuparon a cidade unha semana despois de que Alemania invadise Polonia, o 1 de Setembro de 1939. Durante os comezos da guerra as forzas polacas de Lodz defenderon a cidade contra os primeiros ataques, pero con resultados de balde. Lodz anexionouse a Alemania, converténdose en parte do Reich. Os alemáns mudáronlle o nome polo de Litzmann, en honra ó xeneral alemán Karl Litzmann, quen conquistara a cidade durante a Primeira Guerra Mundial.

A comezos de Febreiro de 1940 os alemáns crearon un ghetto na zona nordeste de Lodz. preto de 160.000 xudeus, mais dun terzo da poboación da cidade, foron recluídos nunha pequena área. Os alemáns illaron ó ghetto do resto de Lodz. Unidades especiais dá policía vixiaban o perímetro no que se atopaba. Baixo a ocupación alemá o ghetto converteuse nun importante centro de produción; creáronse fábricas no propio ghetto e empregáronse ós residentes xudeus para realizar traballos forzados; chegaron a xuntarse ata 100 fábricas dentro del, das cales as principais producían téxtiles, especialmente uniformes para o exército alemán. Mordechai Chaim Rumkowski, presidente do Consello Xudeu do ghetto de Lodz, quixo evitar a destrución do ghetto facéndoo o mais produtivo posible. As condicións de vida dentro del eran precarias e miserables; moitos dos seus barrios non contaban con auga nin luz, os traballos eran forzados e a fame ameazaba ós seus residentes.

Debido a súa gran produtividade conseguir sobrevivir ata agosto de 1944, cando os alemáns deportaron ós sobreviventes ó campo de exterminio de Auschwitz.

Nas proximidades da cidade xurdiron diversos campos de concentración e campos de exterminio, como a prisión Radogoszcz, e varios campos menores para etnias xitanas e nenos polacos.

Despois da guerra, Lodz tiña menos de 300.00 habitantes, pola contra, o número comezou a medrar grazas a inmigración dende Varsovia e dende outros puntos anexionados pola Unión Soviética.

Baixo o réxime comunista polaco, moitos dos industriais perderon a súas fortunas cando as autoridades nacionalizaron todas as compañías privadas. Con isto, Lodz converteuse de novo nun importante centro industrial. Pero tras o período de transición económica sufrida por Polonia durante a década dos 90, a maioría das empresas privatizáronse de novo. Nese mesmo intre, outro problema eran as cuestións residenciais. A maioría das vivendas proviñan do século XIX e atopábanse en pésimo estado debido a que o proxecto de renovación foi abandonado despois da Segunda Guerra Mundial.

Na actualidade a alcaldía de Lodz pretende reavivar as antigas zonas industriais, cerando desta maneira o Novo Centro da Cidade. Dende o ano 2010, cando arrancou a iniciativa, realizáronse varios proxectos de renovación urbana, como, por exemplo, a estación de tren Łódź Fabryczna.

TURISMO

Atopamos no centro da cidade unha ruta turística que mostra algúns dos sitios históricos mais importantes e que se asocian coa súa orixe industrial.

Este percorrido comeza no complexo Izrael Poznanski, na rúa Ogrodowa, unha das mais importantes da cidade. O complexo conta con edificios residenciais e industriais, dos cales o que mais destaca é o Palacio Izrael Poznanski, o mais elegante de todos os palacios de Lodz, e que na actualidade alberga o Museo Histórico da cidade, Seguimos co edificio de Kopisch, que data do ano 1826, e é a estrutura mais antiga relacionada co téxtil mellor conservada de Lodz.

Pasamos ó Palacio de Scheibler, que presume dunha fachada renacentista, contrastando cunha decoración ecléctica de luxo. Actualmente este palacio é a sede do Museo de Cinematografía. Atopamos tamén nesta ruta a Fábrica Blanca, a que fora propiedade dun dos empresarios mais famosos do século IXX, Ludwik Geyer, e no cal hoxe en día se atopa o Museo Central da Industria Téxtil.

Considérase que a atracción principal da cidade é a rúa Piotrkowska, a rúa mais elegante de Lodz debido a súa variada arquitectura. A rúa está chea de impresionantes palacios e casas monumentais, a maioría das que pertencían ós propietarios das fábricas téxtiles da cidade no século IXX. Institucións públicas, bancas, tendas, restaurantes, discotecas, tendas de antigüidades, galerías de arte e cines atópanse no seu paseo principal. Ademais recentemente renováronse todos os edificios históricos, dentro dos cales atopamos a igrexa da Santísima Trinidad, o Concello, situado xusto ó seu carón, o Palacio Scheiber, un edificio de tres pisos que serviu coma unha das casas de luxo da burguesía a finais do século IXX, a casa de Jan Peter, unha das poucas casas que datan das orixes da cidade que se conservan ata a actualidade, e outras edificacións que pertenceron ós fabricantes mais ricos da cidade.

Tamén atopamos en Lodz ó lado mais escuro da cidade, recordos da invasión nazi en Polonia. Hoxe en día para conmemorar o exterminio dos xudeus por parte dos nazis atópase o Camino de Litzmannstadt Ghetto, formado por 38 parcelas con placas conmemorativas contando a historia e o destino dos xudeus de Lodz.


Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.