Dachau
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Baviera | ||||
| Regierungsbezirk | Alta Baviera | ||||
| Distrito rural | Dachau (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 48.337 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 34,96 km² | ||||
| Bañado por | Amper | ||||
| Altitude | 480 m | ||||
| Organización política | |||||
| • Oberbürgermeister (pt) | Florian Hartmann (pt) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 85221 | ||||
| Prefixo telefónico | 08131 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 091740115115 | ||||
| Número de municipio alemán | 09174115 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | dachau.de | ||||
Dachau é un concello bávaro nos arredores de Múnic, a unha distancia de 14 km, e perfectamente comunicado coa cidade o que fai que moitos muniqueses utilicen este núcleo de poboación a xeito de cidade dormitorio. A pesar de ter un castelo do século XVIII e ser fundada no século VIII é coñecida a nivel mundial polo Campo de concentración de Dachau onde morreron milleiros de persoas desde a súa apertura en 1933 e durante todo o período nazi.
Na actualidade conta con arredor de 40.000 habitantes e é un destino turístico subsidiario de Múnic. O concello de Dachau ten en marcha diferentes actividades para que os turistas que visitan o campo de concentración visiten tamén o seu fermoso centro histórico e o castelo evitando que no mundo se coñeza o seu concello só polo campo de concentración e toda a carga negativa que esta implica.
No ano 2002 a cidade foi escenario do maior escándalo por fraude electoral en Alemaña. Dous membros do partido conservador CSU foron condenados por manipular de maneira masiva os comicios a favor do seu partido, tendo gañado o seu candidato a intendente por 1,2 por cento de diferenza. Un dos condenados recoñeceu no xuízo que manipulara as eleccións durante máis de 20 anos.[1] A pesar da fraude o candidato do CSU gañou a repetición das eleccións, que tiveron lugar no ano 2003.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Artigo". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2008. Consultado o 17 de outubro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dachau |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
