Saltar ao contido

Ion Antonescu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIon Antonescu

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ro) Ion Victor Antonescu
(ro) Ion Antonescu Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1882 Editar o valor en Wikidata
Pitești, Romanía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 1946 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Jilava, Romanía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
43º Primeiro ministro de Romanía
5 de setembro de 1940 – 23 de agosto de 1944 (Golpe de Estado na Romênia em 1944 (pt) Traducir)
← Ion Gigurtu (pt) TraducirConstantin Sănătescu (pt) Traducir →
Chief of the Romanian General Staff (en) Traducir
1 de decembro de 1933 – 11 de decembro de 1934
← Constantin Lăzărescu (pt) TraducirNicolae Samsonovici (pt) Traducir →
Minister of Foreign Affairs of Romania (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaAnticomunismo, nacionalismo étnico, Nacionalismo cristão (pt) Traducir, Fascismo, Jewish Bolshevism (en) Traducir, Nacionalismo romanés, ultranacionalismo (pt) Traducir, fascismo clerical (pt) Traducir, conservadorismo social, conservadorismo nacionalista e Antisemitismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Militar Especial de Saint-Cyr (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, diplomático Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForzas terrestres romanesas Editar o valor en Wikidata
Rango militarmariscal Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Forças Armadas Romenas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial
Revolta dos Camponeses Romenos de 1907 (pt) Traducir
Segunda guerra balcánica
Hungarian-Czechoslovak-România War (en) Traducir
segunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Participou en
1933Holocausto Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeMaria Antonescu Editar o valor en Wikidata
Condenado porcrime de guerra Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
20 de novembro de 1940November 20, 1940, Romania formally joined the Axis alliance (Germany, Italy, and Japan) (en) Traducir
1933-1945Holocausto Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978
Obálky knih,
Why Romania had to ban Holocaust denial twice (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1409573 Find a Grave: 65052520 Editar o valor en Wikidata

Ion Victor Antonescu, nado o 14 de xuño de 1882 en Piteşti e finado o 1 de xuño de 1946 en Jilava, foi o primeiro ministro e conducător de Romanía do 4 de setembro de 1940 ó 23 de agosto de 1944.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na primeira guerra mundial foi o axudante do xefe do exército romanés Constantin Preza, e foi o arquitecto da defensa de Moldavia fronte ós alemáns que xa conquistaran o resto do país. Recibiu condecoracións militares durante esta guerra e durante a segunda guerra balcánica, onde gañou o alcume Câinele roşu (can vermello).

De 1922 a 1926, foi o agregado militar en Francia e o Reino Unido de Romanía. Ó seu regreso, dirixiu a Şcoala Superioară de Război (Escola Superior de Guerra), foi Xefe do Estado Maior entre 1933 e 1934 e ministro de defensa entre 1937 e 1938. En 1940, o rei Carol II o nomea Primeiro Ministro, ós dous días obrigou ó rei a traspasarlle os poderes da xefatura do estado e nomeouse conducator (líder). Máis tarde, a URSS conquista Besarabia e o norte de Bucovina. O 30 de agosto de 1940, Hungría anexionábase a parte norte de Transilvania.

Para recupera-los territorios tomados polos soviéticos, Antonescu fixo un pacto con Alemaña. Tamén, aproximouse ó partido fascista romanés (a Garda de Ferro) e ofreceulles carteiras ministeriais (15 de setembro de 1940). Antonescu quixo logo ter baixo o seu mando á Garda de Aceiro, cuxas actividades antisemitas e paramilitares danaban a autoridade do estado. Ese período foi chamado Estado Nacional-Lexionario (Statul naţional-legionar), pero as esixencias dos fascistas ían a máis e finalmente a Garda sublevouse o 21 de xaneiro de 1941. Antonescu esmagou a rebelión, ilegalizou ó partido fascista e meteu presos ós seus dirixentes.

Romanía participou xunto con Alemaña, Bulgaria e Hungría na operación Barbarroxa. Recuperou os territorios roubados pola URSS e seguiu avanzando en territorio ruso. Capturou Odesa (onde tivo lugar o masacre de Odesa baixo orde de Antonescu). Pero o revés da guerra rematou por elevar as voces disidentes e os partidos tradicionais propuxeron un novo líder (o fillo do rei Carol) e arrestaron a Antonescu.

En maio de 1946, o Tribunal Popular de Bucarest, xa en mans soviéticas, atopouno culpable de crimes contra a paz por colaborar cos nazis. Foi executado o 1 de xuño de 1946.

Ion Antonescu canda Adolf Hitler

Entre 280.000 e 380.000 xudeus romaneses foron asasinados en campos de concentración, asasinatos públicos, fame, enfermidades co coñecemento da autoridade executiva dirixida por Ion Antonescu.[cando?] Outras minorías como os ciganos tamén foron represaliadas igual que se fora territorio ocupado polas SS.[Cómpre referencia]