Premio Franz Kafka
O Premio Franz Kafka é un premio literario de ámbito internacional que se entrega anualmente na honra ao novelista checo en lingua alemá Franz Kafka.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Foi outorgado por vez primeira en 2001. A organización corre a cargo da Sociedade Franz Kafka e o concello da cidade de Praga; está patrocinado polo Presidente do Senado checo e mais polo alcalde de Praga. Preséntase cada ano contra finais do mes de outubro, coincidindo co Día da Independencia da República Checa. O galardoado recibe 10.000 dólares estadounidenses, un diploma e unha estatua de bronce, que é unha reprodución en miniatura do monumento a Franz Kafka en Praga.
O xurado internacional está formado por Marcel Reich-Ranicki e Demetz Pedro, entre outros. Entre os criterios que debe cumprir a obra para gañar o premio, figuran "o carácter humanista e a súa contribución á tolerancia cultural, nacional, lingüística e relixiosa, o seu carácter existencial, intemporal, a súa validez humana e a súa capacidade para testemuñar o tempo presente."[1]
O galardón non está relacionado co Premio Janet Heidinger Kafka, que outorga a Universidade de Rochester nos Estados Unidos de América.
Gañadores
[editar | editar a fonte]| Ano | nome | Nacionalidade |
|---|---|---|
| 2020 | Milan Kundera | |
| 2019 | Pierre Michon | |
| 2018 | Ivan Wernisch | |
| 2017 | Margaret Atwood | |
| 2016 | Claudio Magris | |
| 2015[2] | Eduardo Mendoza | España |
| 2014 | Yan Lianke | China |
| 2013 | Amos Oz | Israel |
| 2012 | Daniela Hodrová | República Checa |
| 2011 | John Banville | Irlanda |
| 2010 | Václav Havel | República Checa |
| 2009 | Peter Handke | Austria |
| 2008< | Arnošt Lustig | República Checa |
| 2007 | Yves Bonnefoy | Francia |
| 2006 | Haruki Murakami | Xapón |
| 2005 | Harold Pinter | Reino Unido |
| 2004 | Elfriede Jelinek | Austria |
| 2003 | Péter Nádas | Hungría |
| 2002 | Ivan Klíma | República Checa |
| 2001 | Philip Roth | Estados Unidos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Premio Franz Kafka
- ↑ The laureate of the Franz Kafka Prize 2015 is the Spanish writer Eduardo Mendoza Arquivado 03 de xuño de 2015 en Wayback Machine., noticia do 2 de xuño de 2015