Francisco Castro Veloso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1966 (58 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, editor |
Premios | |
Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. En decembro de 2016 sucedeu como director a Víctor Freixanes á fronte da Editorial Galaxia,[1] mais dimitiu do cargo en setembro de 2023.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia.
É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela que trata o mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam, que publicou Galaxia. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publicou O ceo dos afogados que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.
En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado "Borobó despedido". Tamén neste ano publicou na colección Árbore de Galaxia a novela Chamádeme Simbad (Lista de Honra de IBBY 2012) e Premio Frei Martín Sarmiento 2011, e ao ano seguinte, a novela xuvenil, O segredo de Marco Polo.
A finais do ano 2010 foi nomeado presidente de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), cargo que desenvolveu ata finais de 2015. No ano 2011 publica unha novela para adultos titulada In Vino Veritas.
No ano 2013, a súa novela O corazón da Branca de neve resultou gañadora da 13ª edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.[3]
En 2014 publicou a novela Tes ata as 10 e en 2016 Amor é unha palabra coma outra calquera.
En 2016 pasou a ocupar o cargo de director na Editorial Galaxia, sucedendo no posto a Víctor F. Freixanes.
En 2020 Iridium foi incluída no Catálogo do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais (Outstanding Books).[4]
No verán de 2023, e a raíz dunha entrevista[5] publicada ao escritor Alberto Ramos no xornal Praza, onde se cuestionaban as políticas administrativas da Editorial Galaxia, xerouse unha polémica en medios e redes sociais,[6][7] que levaron á dimisión de Francisco Castro como director da editorial o 18 de setembro dese ano.[8]
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- A outra banda da fiestra e outros relatos (1989). Ediciones Cardeñoso. Relatos.
- Amor de Cinema (1994). Edicións do Cumio. Novela.
- Play-back (1997). Deputación de Pontevedra. Novela.[9]
- A canción do náufrago (2001). Ir Indo. Relatos.
- Xeografías (2001). Positivas. Narrativa erótica.
- Memorial do inforturnio (2003). A Nosa Terra. Novela histórica. Traducida ao castelán.[10]
- Río Leteo (2004). Espiral Maior. Relatos.
- Xeración perdida (2004) . Galaxia. ISBN 978-84-8288-659-6. Novela. Traducida ao castelán.[11]
- Spam (2006). Galaxia. ISBN 978-84-8288-936-8. Novela. Traducida ao italiano[12] e ao castelán.[13]
- As palabras da néboa (2006). Galaxia. ISBN 978-84-9865-021-1. Novela.
- In vino veritas (2011). Galaxia. ISBN 978-84-9865-379-3. Novela.
- O corazón da Branca de Neve (2013). Galaxia. ISBN 978-84-9865-498-1. Novela.
- Tes ata as 10 (2014). Galaxia. ISBN 978-84-9865-562-9. Novela
- Amor é unha palabra coma calquera outra (2016). Galaxia. Novela.
- Tantos anos de silencio. (2020). ISBN 978-84-9151-437-4. Galaxia. Novela.[14]
- A historia de Sara (2023). Vigo: Galaxia. 112 páxs. ISBN 978-84-9151-976-8. Libro ilustrado por Luz Beloso para adultos e adultas.[15][16]
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Un bosque cheo de faias (2004). Everest. Narrativa infantil. Traducida ao castelán.[17]
- O ceo dos afogados.(2007). Xerais, Fóra de Xogo. ISBN 978-84-9914-190-9 (4ª ed.). Narrativa xuvenil.
- Chamádeme Simbad (2009). Galaxia. ISBN 978-84-9865-147-8. Narrativa infantil. Traducida ao castelán[18] e ao catalán.[19]
- O segredo de Marco Polo (2010). Galaxia. ISBN 978-84-9865-297-0. Narrativa xuvenil. Traducida ao catalán.[20]
- Iridium (2018). Galaxia. ISBN 978-84-9151-193-9. Narrativa xuvenil. Traducida ao castelán[21] e ao catalán.[22]
- Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo (2009). Galaxia.
- O cemiterio de barcos (2021). Galaxia, Costa Oeste. 292 páxs. ISBN 978-84-9151-716-0.[23] Traducida ao castelán[24], catalán[25] e éuscaro.[26]
- Xoán, Xoana (2023). Deputación Provincial de Ourense. Ilustracións de Elena Andrés Rodríguez. 144 páxs. ISBN 978-84-16643-49-3. Ed. Galaxia, 208 páxs. ISBN 978-84-1176-057-7.
- Luz, a historia non contada de Jesse Owens e Luz Long (2024). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 116 páxs. ISBN 978-84-1176-226-7.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Isto SI é un home. Unha mirada masculina contra o patriarcado (2022). Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-9151-797-9.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Alma de beiramar. (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
- Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal. (2005, AELG).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. (2006, Difusora).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- Letras novas (2008, AELG).
- Quéroche contar un conto (2010, Xerais).
- En defensa do Poleiro. (2010, Toxosoutos).
- Manual para condutores con faros antinéboa. (2010, Xunta de Galicia).
- Pel con pel (2010, Galaxia).
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011, A Nave das Ideas).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor (2012, Librería Conde, Celanova).
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
- Xabarín 18 (2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia).
- O neno can (2014, Galaxia). Con Fina Casalderrey. Traducida ao castelán.[27]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1997, por Play-back.
- Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela (1996) no Concello da Estrada
- Premio de poesía O Facho no 2002.
- Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellà no 2005, por Venres desesperado (look casual friday).
- Premio Frei Martín Sarmiento no 2005, por Un bosque cheo de faias.
- Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves no 2005, por Ningún fascista morreu inxustamente.
- Premio Blanco Amor no 2006, por Spam.
- Premio García Barros no 2007, por As palabras da néboa.
- Finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil no 2007, por O ceo dos afogados.
- Premio Frei Martín Sarmiento no 2009, por O ceo dos afogados.
- Mellor libro infantil para as lectoras e lectores da web Fervenzas Literarias no 2009, por Chamádeme Simbad.
- Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo Domínguez 'Borobó' no 2009, por Borobó, despedido.
- Premio Frei Martín Sarmiento no 2011, por Chamádeme Simbad.
- Chamádeme Simbad foi incluído na lista de honra do IBBY no 2012.
- 13º Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia no 2013, por O corazón da Branca de neve.
- Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2014, por O neno can.
- Premio Frei Martín Sarmiento de Bacharelato e adultos en 2016, por Tes ata as 10.
- 2022: XIX Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez coa obra Xoán, Xoana.[28]
- 2022: XIX Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego, polo artigo "Coiden da música" publicado en La Voz de Galicia.[29]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Francisco Castro novo director da Editorial Galaxia", nova na páxina web da Editorial Galaxia.
- ↑ "Comunicado de Francisco Castro". Facebook. 18 de setembro de 2023.
- ↑ "Francisco Castro gaña cunha historia de intriga o Premio de Novelas por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 12 de xullo de 2013. Consultado o 19 de xullo de 2013.
- ↑ "A novela ‘Iridium’, entre os mellores libros do mundo". Atlántico Diario. 2020-12-07. Consultado o 2020-12-08.
- ↑ ""Hai libros oportunos e libros oportunistas que ocupan espazos que non lles corresponden"". Praza Pública. 2023-09-08. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ Francisco Castro (9 de setembro de 2023). "De certo que coñeces alguén así". Facebook.
- ↑ Francisco Castro. "Tócame falar a min agora". Facebook. Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ Álvarez, Natalia (2023-09-18). "Francisco Castro dimite como director xeral de Galaxia". Faro de Vigo. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ "Francisco Castro DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Play-Back'". Francisco Castro. 2011-10-01. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "Memorial de infortunio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Generación perdida". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Spam". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Spam". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ Penelas, Patricia (Xullo, agosto, setembro 2020). "Contra o silencio". Grial. LVIII (227): 64–65. ISSN 0017-4181.
- ↑ "A historia de Sara". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-03-07.
- ↑ Adán, Carme (abril, maio, xuño 2023). "Inventando palabras para Sara". Grial LXI (238): 77–78. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Un bosque lleno de hayas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Me llamaba Simbad". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Em deia Simbad". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "El secret de Marco Polo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Iridium". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Iridium". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ Penelas, Patricia (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Un referente da literatura xuvenil". Grial LX (233): 106–107. ISSN 0017-4181.
- ↑ EL CEMENTERIO DE BARCOS - FRANCISCO CASTRO - 9788418708992.
- ↑ "El cementiri de vaixells". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12.
- ↑ "Barkuen hilerria". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12.
- ↑ "El niño perro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "O escritor e editor Francisco Castro gaña o XIX Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez coa obra Xoán, Xoana". www.depourense.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2022. Consultado o 27 de xullo de 2022.
- ↑ "Francisco Castro recibe o XIX Premio Fernández del Riego de Xornalismo". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-10-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Castro Veloso |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Canción do Náufrago (blog do autor)
- Francisco Castro Veloso Arquivado 12 de abril de 2009 en Wayback Machine. na Biblioteca Virtual Galega.
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros Arquivado 26 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.