O Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego é un certame convocado por Afundación, que desde 2004 premia artigos de xornalismo literario ou de opinión en lingua galega. Leva o nome do polígrafo Francisco Fernández del Riego.
Naceu no ano 2004 da man de Caixanova, entidade que viña entregando o Premio de xornalismo Julio Camba, que desde 1980 premiaba artigos xornalísticos en lingua castelá e galega e que en 2004 pasou a premiar só textos en castelán. O obxecto do premio[1] son artigos xornalísticos de chamado periodismo literario ou de opinión, publicados tanto en medios escritos como dixitais. As candidaturas poden ser presentadas tanto polos propios autores ou autoras destes artigos xornalísticos, como por institucións, públicas ou privadas, academias ou fundacións de todo o ámbito da convocatoria que o estimen oportuno.