Festival de Eurovisión 1968

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival de Eurovisión 1968
Datas
Final 6 de abril de 1968
Anfitrión
Lugar Royal Albert Hall
Londres, Reino Unido
Presentador(es) Katie Boyle
Televisión anfitrioa
Acto(s) intermedio(s) Impressions from London
Participantes
Participantes 17
Votacións
Sistema de votación Cada país tiña un xurado con 10 membros, cada un dos cales daba 1 punto a súa canción favorita
Canción gañadora La, la, la, Massiel
España España
Festival de Eurovisión
◄1967 1969►

O XIII Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 6 de abril de 1968 no Royal Albert Hall de Londres, Reino Unido, organizado pola BBC. A presentadora foi Katie Boyle e Massiel, que representaba a España, gañou o concurso coa canción La, la, la, obtendo 29 puntos. O segundo posto foi para o representante británico, Cliff Richard, que coa canción Congratulations quedou a un punto de España. Isabelle Aubret, representante de Francia coa canción La Source, quedou terceira con 20 puntos.

Nun principio, España ía enviar ao concurso a Joan Manuel Serrat para que cantase "La, la, la", pero TVE retiroulle do certame ao pretender cantar o tema en catalán, sendo substituído por Massiel, que se atopaba de xira en México, tan só uns días antes do certame.

Por Iugoslavia presentouse un grupo, Dubrovacki Trubaduri, con disfraces de xograres medievais. Era un grupo formado orixinalmente por seis persoas. Con todo, o regulamento naquela época só permitía concursar a solistas e dúos, polo que oficialmente acudiron cinco a Londres, dous deles intérpretes oficiais, Luci Kapurso e Hamo Hajdarhodžić, e os outros tres como coro.

Reino Unido fixo repetir a votación do último xurado (Iugoslavia) por que deu 11 puntos no canto de 10, que son os puntos que o país votante ten que repartir. Aínda así, España seguía sendo a ganadora, xa que os iugoslavos non votaron nin a Richards nin a Massiel.

Esta edición do festival foi retransmitida por primeira vez en cor para Alemaña Occidental, Finlandia, Francia, Noruega, os Países Baixos, o Reino Unido, Suecia e Suíza, malia que moi poucos espectadores tiñan na súa casa un televisor en cor. Ademais dos países participantes no festival, algúns países de Europa do Leste, Suramérica e Tunisia retransmitírono.

Participantes[editar | editar a fonte]

Os meses anteriores ao festival realizáronse os procesos de selección de participantes. De 17 países participantes, 10 organizaron unha final nacional e 7 elixiron o seu representante internamente.

Entre os representantes máis coñecidos atopábanse Wencke Myhre, cantante norueguesa que intentou representar varias veces ao seu país e ao final foi elixida para representar a Alemaña Occidental; Isabelle Aubret, ganadora do festival de 1962; Sergio Endrigo, ganador do Festival de Sanremo daquel ano; Karel Gott, cantante checoslovaco que representaba a Austria; e Cliff Richard, máximo favorito para gañar este festival segundo gran parte da prensa europea e que alcanzaría unha importante proxección internacional. Unha aínda non moi coñecida Massiel, aínda que xa tiña dous éxitos en México e participacións noutros festivais europeos, consolidouse en España e América Latina trala súa vitoria en Eurovisión.

Na seguinte táboa resúmense os representantes de cada país e o método polo cal foron elixidos:

País e TV Título orixinal da canción Artista Proceso e data de selección[1]
Tradución ao galego Linguas de interpretación
Alemaña Alemaña
ARD
Ein Hoch der Liebe Wencke Myhre Elección interna
Un brinde polo amor Alemán
Austria Austria
ORF
Tausend Fenster Karel Gott Elección interna
Miles de ventás Alemán
Bélxica Bélxica
RTB
Quand Tu Reviendras Claude Lombard Final nacional, 13-02-68
Cando volvas Francés
España España
TVE
La, la, la Massiel Elección interna
La, la, la Castelán
Finlandia Finlandia
YLE
Kun Kello Käy Kristina Hautala Final nacional, 10-02-68
Cando o reloxo está en marcha Finés
Francia
ORTF
La Source Isabelle Aubret Elección interna
A fonte Francés
Irlanda Irlanda
RTÉ
Chance of a Lifetime Pat McGeegan Final nacional, 03-03-68
Oportunidade dunha vida Inglés
Italia Italia
RAI
Marianne Sergio Endrigo Elección interna
Marianne Italiano
Luxemburgo Luxemburgo
CLT
Nous Vivrons D'Amour Chris Baldo e Sophie Garel Elección interna
Viviremos o amor Francés
Mónaco Mónaco
TMC
A Chacun Sa Chanson Line and Willy Elección interna
A cada un a súa canción Francés
Noruega Noruega
NRK
Stress Odd Børre Melodi Grand Prix, 03-03-68
Estrés Noruegués
Países Baixos Países Baixos
NTS
Morgen Ronnie Tober Final nacional, 28-02-68
Maña Neerlandés
Portugal Portugal
RTP
Verão Carlos Mendes Festival RTP da Canção, 04-03-68
Verán Portugués
Reino Unido Reino Unido
BBC
Congratulations Cliff Richard A Song for Europe 1968, 05-03-68
Cantante elixido internamente
Parabéns Inglés
Suecia Suecia
SR
Det Börjar Verka Kärlek, Banne Mej Claes-Göran Hederström Melodifestivalen 1968, 09-03-68
Esta comenzando a parecer amor, maldita sea Sueco
Suíza Suíza
SSR SRG
Guardando Il Sole Gianni Mascoio Final nacional, 27-01-68
Mirando ao sol Italiano
Iugoslavia Iugoslavia
JRT
Jedan dan Luci Kapurso e Hamo Hajdarhodžić Final nacional, 25-02-68
Un día Croata

Táboa de resultados[editar | editar a fonte]

Na seguinte táboa amósanse os resultados do festival, cos países participantes amosados por orde alfabética:

País Intérprete(s) Canción Lugar Puntos
Alemaña Alemaña Wencke Myhre Ein Hoch Der Liebe 6 11
Austria Austria Karel Gott Tausend Fenster 13 2
Bélxica Bélxica Claude Lombard Quand Tu Reviendras 9 8
España España Massiel La, la, la 1 29
Finlandia Finlandia Kristina Hautala Kun Kello Käy 16 1
Francia Isabelle Aubret La Source 3 20
Irlanda Irlanda Pat McGeegan Chance of a Lifetime 4 18
Italia Italia Sergio Endrigo Marianne 10 7
Luxemburgo Luxemburgo Chris Baldo & Sophie Garel Nous Vivrons D'Amour 11 5
Mónaco Mónaco Line and Willy A Chacun Sa Chanson 7 8
Noruega Noruega Odd Børre Stress 13 2
Países Baixos Países Baixos Ronnie Tober Morgen 16 1
Portugal Portugal Carlos Mendes Verão 11 5
Reino Unido Reino Unido Cliff Richard Congratulations 2 28
Suecia Suecia Claes-Göran Hederström Det Börjar Verka Kärlek, Banne Mej 5 15
Suíza Suíza Gianni Mascoio Guardando Il Sole 13 2
Iugoslavia Iugoslavia Luci Kapurso & Hamo Hajdarhodžić Jedan dan 7 8

Votación[editar | editar a fonte]

Resultados
Portugal Países Baixos Bélxica Austria Luxemburgo Suíza Finlandia Francia Italia España Alemaña Iugoslavia
Participantes Portugal   0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 2 0 3 0 0
Países Baixos 0   0 0 0 0 0 0 0 0 1 0 0 0 0 0 0
Bélxica 1 0   0 0 0 0 0 1 1 3 1 0 0 1 0 0
Austria 0 0 0   0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 2 0
Luxemburgo 0 1 0 1   0 1 0 0 1 0 1 0 0 0 0 0
Suíza 0 0 0 0 0   0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 2
Mónaco 0 2 0 0 1 0   0 3 0 0 1 0 1 0 0 0
Suecia 1 1 0 0 0 0 0   1 0 0 2 6 4 0 0 0
Finlandia 0 0 0 0 0 0 0 0   0 0 0 1 0 0 0 0
Francia 0 3 6 2 3 3 0 1 0   2 0 0 0 0 0 0
Italia 1 0 0 0 0 2 0 0 0 0   0 0 0 2 0 2
Reino Unido 1 2 2 0 1 4 5 3 2 4 1   0 1 0 2 0
Noruega 0 0 0 0 1 0 0 0 0 0 0 0   0 1 0 0
Irlanda 1 1 1 4 1 0 0 4 0 0 0 0 0   0 0 6
España 4 0 0 2 1 0 4 0 3 4 3 0 1 1   6 0
Alemaña 0 0 0 0 1 1 0 2 0 0 0 5 0 0 2   0
Iugoslavia 1 0 1 1 1 0 0 0 0 0 0 0 0 3 1 0  
A táboa aparece ordenada sengundo a orde de actuación

Controversias[editar | editar a fonte]

Posible fraude[editar | editar a fonte]

A vitoria da cantante española no Festival foi obxecto de forma retrospectiva de acusacións acerca dunha posible compra de votos por parte do réxime franquista. Estas informacións baséanse en que TVE comprou series e películas de televisión e promocionó a cantantes de diversos países europeos, en especial de Bulgaria e Checoslovaquia (aínda que estes, en realidade, non participaron nin votaron no Festival. Bulgaria non participou no Festival de Eurovisión ata o ano 2005[2] e Checoslovaquia xamais participou como tal[2]).[3]

A orixe destas especulacións foron unha declaracións do xornalista español, e habitual presentador para a cadea de televisión pública destes festivais, José María Íñigo que se fixeron públicas no documental Yo viví el Mayo español de 1968, emitido pola cadea privada de televisión La Sexta.[4] Porén, devanditos comentarios, segundo as súas palabras e as da cantante Massiel, serían «pervertidos, sensacionalizados e desenfocados» pola cadea coa intención de promocionar o programa e satisfacer a intereses propios da televisión privada (en clara referencia á promoción do Chiki-Chiki interpretado por Rodolfo Chikilicuatre, levado ata Eurovisión por un programa da mesma cadea).[5]

Todas as noticias feitas públicas nos medios de comunicación, incluíndo ao espazo que as noticias da cadea inglesa Channel 4 dedicou ao asunto,[6] realizáronse antes da emisión do documental no que se baseaban estas acusacións, posteriormente comprobouse, centrando as palabras no contexto, que en ningún momento Jose María Íñigo insinuou nada semellante a unha fraude, «se comparamos unhas cousas e outras vemos que hai máis probas que demostran que non houbo ningunha fraude que as meras teoriuchas de que puido ocorrer algo raro» aclarou logo da polémica.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Austria Viena 1967

Festival da Canción de Eurovisión

Londres 1968
Sucesor:
España Madrid 1969