As súas emisións regulares comezaron o 19 de xullo de 1955 como Tallinna Televisioonistuudio (Estudo de Tallin),[1] e durante máis de 35 anos foi a única canle de televisión dispoñible en Estoniana. ETV cumpre funcións de servizo público, e está obrigada a difundir e promover a cultura nacional do país, así como dar cobertura ás comunidades minoritarias. O seu programación é xeral, e está composta por formatos informativos, entretemento, ficción e series documentais. É membro da Unión Europea de Radiodifusión desde 1993.
No ano 2002 foi a cadea encargada de organizar o Festival de Eurovisión, trala vitoria do país no concurso.
O grupo funcionou por separado do servizo de radio ata o 1 de xaneiro de 2007, cando o Goberno estoniano integrou todas as empresas de radiodifusión pública no ente ERR. Nos últimos anos, Eesti Televisioon desenvolveu canles temáticos para a Televisión Dixital Terrestre como ETV24, de información continua, e ETV2, de carácter cultural e creado en 2008.
Eesti Televisioon finánciase a través de impostos directos. A maior parte do orzamento provén de subvencións da administración pública estona. Un 15% do mesmo está sufragado polas televisións comerciais do país, que pagan a cota a cambio do seu dereito exclusivo para emitir publicidade.[2] Desde 2002, ETV ten prohibida a emisión de publicidade en todas as súas canles. Isto impide tanto anuncios como calquera outra modalidade, como teletenda ou patrocinios.[2]