Saltar ao contido

Radiotelevizija Slovenija

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «RTVSLO»)
Radiotelevizija Slovenija
Inicio das emisións 1 de setembro de 1928
Propiedade de Empresa pública
Slogan Gledamo naprej
(Agardámoste)
País Eslovenia Eslovenia
Lingua esloveno
Área de emisión Eslovenia Eslovenia
Sede central Liubliana
Nome(s) anterior(es) Radiotelevizija Ljubljana

Na rede
http://www.rtvslo.si/
Facebook: rtvslo.si Twitter: rtvslo Instagram: mmcrtvslo Editar o valor en Wikidata

Radiotelevizija Slovenija (en galego, Radiotelevisión eslovena), máis coñecida polas siglas RTVSLO ou RTV, é a compañía de radiodifusión pública de Eslovenia. Fundouse en 1928 e actualmente xestiona tres cadeas de televisión (TV SLO 1, TV SLO 2 e TV SLO 3), tres cadeas nacionais de radio (Prvi program, Val 202 e ARS), unha internacional, dous estudos rexionais e un sitio web multimedia.

O grupo formou parte da radiotelevisión iugoslava ata 1991, cando Eslovenia se independizó. A súa sede central atópase en Liubliana e conta con centros de produción en Maribor, que elabora contidos para a minoría lingüística húngara, e en Koper, para a poboación de fala italiana. O seu programación cumpre un servizo público e ofrece contidos representativos de todo o país.

É membro da Unión Europea de Radiodifusión desde 1993.

A actual RTVSLO nace o 1 de setembro de 1928 coa primeira emisión en probas de Radio Ljubljana, que iniciou a súa actividade regular o 28 de outubro do mesmo ano.[1] Durante a segunda guerra mundial as súas repetidores foron destruídos e a emisora foi ocupada polos soldados italianos, pero a súa actividade volveu á normalidade co restablecemento de Iugoslavia e pasou a formar parte da radiotelevisión iugoslava.[1]

O 1 de abril de 1949 leváronse a cabo as primeiras emisións de televisión en probas, pero o servizo non quedou inaugurado ata o 28 de novembro de 1958, como Televizija Ljubljana.[1] O novo medio tivo un rápido desenvolvemento, en colaboración con outras cadeas da rede iugoslava. O informativo en esloveno emitiuse por primeira vez o 15 de abril de 1968.[1]

A diferenza doutras emisoras iugoslavas, a radiotelevisión de Liubliana desenvolveu cadeas específicas para as minorías lingüísticas.[1] En 1970 creouse a segunda canle de televisión esloveno e un ano despois comezaron as emisións de TV Koper Capodistria, con sede en Koper.[2] Aínda que estaba dirixida en exclusiva aos falantes italianos da rexión de Istria, o seu sinal tamén podía captarse nalgunhas rexións italianas, onde rompeu o monopolio que ata a data ostentaba a RAI.[2] As emisións comezaron en 1972 e non se consolidaron ata 1975.[1]

En 1990, a empresa de radiodifusión pública cambiou o seu nome de RTV Ljubljana ao actual Radiotelevizija Slovenija. Eslovenia foi o primeiro estado que declarou a súa independencia de Iugoslavia o 25 de xuño de 1991 e pouco tempo despois, RTVSLO se desligou da radiotelevisión iugoslava.[1] O 1 de xaneiro de 1993 ingresou na Unión Europea de Radiodifusión. Nun novo panorama audiovisual marcado pola aparición de medios de carácter comercial, RTVSLO tivo que reforzar o seu papel de servizo público e iniciou un proceso de dixitalización, consolidado coa creación en 2001 do seu servizo multimedia MMC (Multimedijski center). En 2008, comezou a emitir en alta definición a través da televisión dixital terrestre.[1]

Organización

[editar | editar a fonte]

Radiotelevizija Slovenija é unha empresa pública estatal, controlada por un Consello de Programación que está formado por 29 membros, nomeados entre a Asemblea Nacional e distintos estamentos da sociedade civil eslovena para un mandato de catro anos.[3] Este Consello elixe ao director xeral, que despois será ratificado polo Parlamento. O actual director xeral é Marko Filli. Por baixo atópase o Consello Supervisor, formado por 11 membros elixidos entre o Goberno, a Asemblea Nacional e os traballadores da entidade. RTVSLO finánciase principalmente a través dun imposto directo e tamén percibe ingresos pola venda de publicidade, cuxa emisión está limitada.[3]

Segundo o primeiro artigo da Lei de Radiotelevizija Slovenija, aprobada en novembro de 2005, o grupo é unha "institución pública de especial importancia cultural e nacional" e con vocación de servizo público, que debe cubrir as necesidades democráticas, sociais e culturais de "os cidadáns da República de Eslovenia, os eslovenos de todo o mundo, as minorías nacionais eslovenas en Italia, Austria e Hungría, e a minoría húngara en territorio esloveno".[3] Ademais, debe asegurarse a autonomía institucional e independencia editorial da radiotelevisión pública, así como dotarlle do orzamento necesario para o cumprimento do servizo.[3]

Sobre o control da radiotelevisión pública, celebráronse dous referendos. En 2005, o executivo de Janez Janša impulsou unha reforma da Lei de Radiotelevizija Slovenija para aumentar o control do Goberno sobre a elección de membros do Consello de Programación, que foi aprobada por unha estreita marxe.[4] Cinco anos despois fíxose outra consulta cun obxectivo similar, que nesta ocasión foi rexeitada polo 72% dos votantes.[5]

Os estudos centrais atópanse en Liubliana, a capital do país. Pero ademais, existen dous centros territoriais para cubrir as necesidades das minorías lingüísticas do país. Para cubrir á poboación de fala húngara, existe un centro territorial en Maribor que xestiona unha radio e unha canle de televisión. E no caso da poboación de fala italiana, hai un centro territorial en Koper co mesmo cometido. O seu traballo está recoñecido e defendido na Lei de radiodifusión pública.[3]

A imaxe corporativa de RTVSLO está baseada na escultura "Pícaro cunha frauta", obra do escultor esloveno Zdenko Kalin, que se atopa na porta dos estudos centrais.[6]

RTVSLO mantén actualmente oito emisoras de radio, das cales tres emiten a nivel nacional, unha é internacional e o resto son cadeas rexionais. Todas as canles poden escoitarse en Internet.

Emisoras nacionais

[editar | editar a fonte]
  • Radio Slo 1 (Prvi program): Emisora de contidos xerais con información, entretenimiento e cobertura de acontecementos especiais. O seu eslogan é Vedno Prvi, que en esloveno significa "Sempre primeiro".
  • Val 202: Dedicada aos mozos, conta con programas de entretenimiento e musicais. Tamén ten boletines informativos. Entrou ao aire en 1970.
  • Program Ars: Emisora cultural e de música clásica. Entrou ao aire en 1963.

Emisoras rexionais

[editar | editar a fonte]
  • Radio Koper: Cobertura no Litoral esloveno. Emite en esloveno. Entrou ao aire o 25 de maio de 1949.
  • Radio Capodistria: Cobertura no Litoral esloveno e Istria. Emite en italiano. Entrou ao aire o 25 de maio de 1949.
  • Radio Maribor: Cobertura no Noroeste esloveno. Emite en esloveno.
  • MMR (Muravidéki Magyar Rádió): Cobertura en Prekmurje. Emite en húngaro.

Emisoras internacionais

[editar | editar a fonte]
  • Radio Slovenia International: tamén coñecida como Radio SI. A súa sede atópase en Maribor e emite programación tanto para a diáspora eslovena como para os estranxeiros que residen no país.

Televisión

[editar | editar a fonte]

RTVSLO gestiona cinco cadeas na televisión dixital terrestre, dos que tres son de cobertura nacional e dúas son rexionais. A primeira e a segunda cadea teñen ademais a súa versión en alta definición. Desde 2008 ata 2012 tiñan unha canle independente tamén en alta definición (TV SLO HD).

Cadeas nacionais

[editar | editar a fonte]
  • TV SLO 1: Anteriormente coñecido como TV Ljubljana, comezou as súas emisións o 28 de novembro de 1958. O seu programación é xeral e é a principal televisión do grupo.
  • TV SLO 2: Dedicado á cobertura de eventos deportivos, programación cultural e outros espazos sen cabida na primeira canle. Comezou as súas emisións en 1970.
  • TV SLO 3: Comezou as súas emisións en 2008. É unha canle informativa que retransmite as sesións do parlamento esloveno e as súas comisións.

Cadeas rexionais

[editar | editar a fonte]
  • TV Koper Capodistria: Canle dirixida á minoría lingüística italiana, comezou as súas emisións en 1971. A súa sede atópase en Koper. Emite en esloveno e italiano.
  • TV Maribor: Canle rexional con sede en Maribor, emite en esloveno e húngaro. Comezou as súas emisións en 1968.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Radiotelevizija Slovenija (ed.). "Zgodovina-kronika" (en esloveno). Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Transdiffusion (ed.). "The Olive Grove Revolution" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Radiotelevizija Slovenija (ed.). "About RTVSLO" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  4. Goberno de Eslovenia, ed. (10 de decembro de 2010). "RTV Slovenija Referendum to Be Held on 12 December" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  5. Goberno de Eslovenia, ed. (12 de decembro de 2010). "RTV Slovenija Act Defeated in Referendum" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  6. Posta Slovenije (ed.). "80 years of radio and 50 years of television in Slovenia" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]