Portomarín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.42 (conversa); cambiado á última versión feita por Elisardojm
Etiqueta: Reversión
Sen resumo de edición
Liña 50: Liña 50:
}}
}}


'''Portomarín''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca de Lugo]] e á [[Ribeira Sacra]]. Segundo o padrón municipal ([[INE]]&nbsp;[[2015]]) conta con 1.557 habitantes. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|portomarinense}}.
'''Portomarín''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca de Lugo]] e á [[Ribeira Sacra]]. Segundo o padrón municipal ([[INE]]&nbsp;[[2017]]) conta con 1.508 habitantes. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|portomarinense}}.


== Xeografía ==
== Xeografía ==
Liña 56: Liña 56:
{| {{Táboabonita}}
{| {{Táboabonita}}
|-
|-
! Censo total <sup>2015</sup>
! Censo total <sup>2017</sup>
! 1.557 habitantes
! 1.508 habitantes
|-
|-
| Menores de 15 anos
| Menores de 15 anos
|align="center"| 85 (5.46 %)
|align="center"| 81 (5.37 %)
|-
|-
| Entre 15 e 64 anos
| Entre 15 e 64 anos
|align="center"| 865 (55.55 %)
|align="center"| 833 (55.24 %)
|-
|-
| Maiores de 65 anos
| Maiores de 65 anos
|align="center"| 607 (38.99 %)
|align="center"| 594 (39.39 %)
|}
|}
<timeline>
<timeline>

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2018 ás 16:23

Coordenadas: 42°48′26″N 7°36′57″O / 42.80722, -7.61583

Portomarín
Bandeira de Portomarín
Escudo de Portomarín
Casa do Concello de Portomarín.
Situación
Xentilicio[1]portomarinense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Lugo
Poboación1.345 hab. (2023)[2][3]
Área115,1 km²[3]
Densidade11,69 hab./km²
Entidades de poboación20 parroquias[4]
Capital do concelloPortomarín
Política (2015)
AlcaldeJuan Carlos Serrano López (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Portomarín
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes75,31%
Na rede
www.concellodeportomarin.es
editar datos en Wikidata ]

Portomarín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2017) conta con 1.508 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é portomarinense.

Xeografía

Demografía

Censo total 2017 1.508 habitantes
Menores de 15 anos 81 (5.37 %)
Entre 15 e 64 anos 833 (55.24 %)
Maiores de 65 anos 594 (39.39 %)

Historia

Prehistoria

Hai restos de poboados no concello de Portomarín, como medorras e castros, como o castro de Catromaior, o castro da Vires, o castro de Bedro, Castrolobrixe, castro de Vila ou o castro de Soengas.

Época romana

A primeira ponte sobre o río Miño nesta zona foi construída polos romanos no século II. A vila xa aparece citada como Portumarini no ano 792. A orixe da vila parece estar ligada ó conde Don Gutierre e á condesa Dona Ilduara (Aldara de Celanova), pais de San Rosendo, bispo de Mondoñedo e fundador do mosteiro de Celanova no século X. No Códice Calixtino aparece Portomarín denominado coma Pons Minea (ponte do Miño).

Idade Media

Inscrición fundacional, en galego, do hospital da orde de San Xoán (1521).

Na idade media foi camiño de paso dos peregrinos cara Santiago de Compostela, sendo unha das maiores vilas tralo paso do Cebreiro. Posiblemente tivo grande importancia neste período, ó contar con tres ordes de cabalería. Na marxe esquerda estaban os Cabaleiros da Orde de Santiago, nada no mosteiro de Loio, e a Orde do Temple. Na marxe dereita estaba a Orde dos monxes-cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén. O carácter guerreiro destes monxes explica o aspecto de fortaleza da igrexa de san Nicolao.

En 1112 a ponte foi destruída por Dona Urraca, raíña de Castela, para frear o paso das tropas do seu marido, Afonso o Batallador. Porén, 8 anos máis tarde a propia raíña ordenou reconstruír a ponte a un tal Pedro o Peregrino.

Posteriormente o arcebispo Pedro Arias entregou o burgo de Portomarín á recentemente creada Orde de Santiago. Baixo o reinado de Afonso IX a vila pasou a depender da orde de San Xoán de Xerusalén.

En 1126 Pedro o Peregrino construíu un hospital, que contiña na súa fachada a inscrición Domus Dei. O Hospital, adicado á atención dos peregrinos, foi confiado á Orde de Santiago e logo á Encomenda de San Xoán, á que tamén correspondía o burgo de Portomarín e o coidado da ponte e do Camiño de Santiago. O Hospital foi derrubado en 1944.

A antiga vila estaba constituída por dous barrios, divididos polo río Miño. Na marxe esquerda o de San Pedro, e o de San Xoán na marxe dereita.

Idade Contemporánea

O 8 de febreiro de 1946 a vila de Portomarín foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. Ó construírse en 1962 o encoro de Belesar, a vila trasladouse ó veciño Monte do Cristo. Alí se reconstruíron algúns dos edificios máis importantes tanto civís como relixiosos.

O patrimonio monumental foi trasladado pedra a pedra ata ou seu actual emprazamento. Trasladáronse as igrexas de San Nicolao (as súas pedras foron numeradas e ensambladas de novo no seu actual emprazamento), San Pedro e algúns pazos, como o do Conde da Maza do século XVI e o Pazo dos Pimentales ou de Berbeteros, do século XVII. Nas tempadas en que baixa o nivel do encoro aínda son visibles os restos das antigas edificacións, o peirao e a primitiva ponte.

En Portomarín fanse as tortas de Santiago Ancano.

A igrexa de San Xoán, hoxe denominada de San Nicolao, construída nos séculos XII e XIII, é un dos monumentos románicos máis senlleiros do Camiño de Santiago. A igrexa de San Pedro data do século X e forma parte dun conxunto integrado polo Pazo de Berbetoros e o Pazo do Marqués de Paredes.

Cultura

Toponimia

O nome do concello procede do latín portumarini, "porto ou paso fluvial de pouca profundidade"[Cómpre referencia].

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Portomarín

Bagude (San Bartolomeu) | Caborrecelle (San Xulián) | O Castro de Soengas (San Martiño) | Castromaior (Santa María) | Cortapezas (Santa María) | Fiz de Rozas (San Lourenzo) | Gonzar (Santa María) | León (San Martiño) | Narón (Santa María) | Nespereira (San Cibrao) | Portomarín (San Nicolao) | Portomarín (San Pedro) | Recelle (San Pedro) | Sabadelle (San Salvador) | San Mamede de Belaz (San Mamede) | San Mamede do Río (San Mamede) | Soengas (Santiago) | Vedro (San Martiño) | Vilarbasín (San Pedro) | Vilaxuste (San Pedro)

Lugares de Portomarín

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Portomarín vexa: Lugares de Portomarín.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Portomarín".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Ligazóns externas



Localidade anterior:
Vilachá, As Cortes, Paradela
a 2 km
  Camiño de Santiago (Camiño Francés)  
Portomarín
(387 msnm)
90 km á Catedral de Santiago de Compostela
Información municipal e turística Aloxamento Restaurantes Bares Farmacia Igrexa(s) Autobuses Oficina de Correos Tendas Bancos e caixeiros automáticos

Seguinte localidade:
Toxibó, Gonzar, Portomarín
→ a 4,5 km

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.