Vedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Cambio cbk-zam:Vedra (La Coruña) por cbk-zam:Vedra
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Elimino: cbk-zam:Vedra
Liña 120: Liña 120:
[[br:Vedra]]
[[br:Vedra]]
[[ca:Vedra]]
[[ca:Vedra]]
[[cbk-zam:Vedra]]
[[en:Vedra]]
[[en:Vedra]]
[[es:Vedra]]
[[es:Vedra]]

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 20:40

Coordenadas: 42°47′N 8°28′O / 42.783, -8.467

Vedra
Escudo de Vedra
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]vedrés
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Santiago
Poboación5.043 hab. (2012)[2][3]
Área52,8 km²[3]
Densidade95,51 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias[4]
Política (2011)
AlcaldeCarlos Martínez Carrillo (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 5
Outros: TEGA 1
Eleccións municipais en Vedra
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes98,69%
Na rede
www.concellodevedra.com
Facebook: concellodevedra Twitter: concellodevedra Instagram: concellodevedraoficial Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2012 tiña 5.043 habitantes (5.059 no 2009, 5.052 no 2006, 5.054 no 2005, 5.057 no 2004, 5.037 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vedrense».

Evolución da poboación de Vedra   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.570 5.639 5.763 5.791 5.057 5.059 5.043
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello de Vedra limita ao norte cos de Santiago de Compostela e Boqueixón, ao sur e leste co da Estrada (da provincia de Pontevedra, da que o separa o río Ulla), e ao oeste co de Teo.

Está atravesada pola estrada N-525 e a autoestrada AP-53, que unen Compostela e Ourense. A N-525 crúzase coa LC-241, que une Arzúa con Padrón.

Está situado no val do río Ulla, ao que van dar os ríos Pereiro, Tomonde, Buxeiros e San Cristovo. O cumio de maior altitude é Penas Pardas, preto do Pico Sacro, de 449 m de altitude. O clima é temperado, con influencias oceánicas.

Historia

Hai seis castros localizados no concello: un no lugar do Castro (Illobre), outro entre as parroquias de Merín e San Miguel de Sarandón, outro no lugar do Castro (A Ponte Ulla), en Socastro (San Mamede de Ribadulla), en Marzán de Arriba (Vedra), e o castro de Agronovo ou Coto do Castro, en Santa Cruz de Ribadulla.

Do período da romanización consérvase un miliario da época do emperador Calígula, atopado en 1867 na Gándara (San Fins de Sales) e un anel gravado datado cara ao século III. POr aquí pasaba unha vía militar, e dela consérvase a ponte Busacos, en San Fins de Sales, de dous arcos de medio punto e outro rectangular.

Na Idade Moderna a zona estivo vencellada á Terra de Santiago. Á nova nobreza desa época pertencían o marqués de Santa Cruz de Ribadulla e o conde de Ximonde, con foros nas terras. A Universidade de Compostela dispuña de dereitos sobre certas terras para cubrir gastos do seu funcionamento, e o Hospital Vello de Santiago tivo a propiedade do casal de Argunte, en San Mamede de Ribadulla.

No informe sobre o estado das rúas, fontes, murallas e camiños de Santiago mandado facer en 1542 por Carlos I menciónase o camiño de Ourense e as pontes de Sar, a de Ponte Pedriña e a de Busacos. En 1571 un forte temporal de neve e choivas destruíu o mosteiro de San Xoán da Cova e as pontes da Ulla e de Sarandón. A da Ulla foi reparada en 1612, e a outra non se sabe se se chegou a reparar, pois en 1708 outra nova enchenta derrubou as pontes.

Logo desa riada, en 1709 puxéronse barcas para cruzar o río, cun arrendamento da xestión das mesmas por períodos de 4 e 6 anos. Por elas eran transportadas as mercadorías que ían de Ourense e do Ribeiro cara a Santiago, A Coruña e Ferrol. Aínda que en 1737 foi concedido o permiso para reedificar as pontes, aínda en 1926 seguían activas as barcas do Ulla e de Sarandón. A ponte da Ulla (coñecida na actualidade como A Ponte Vella), rematouse en 1835, e a de Sarandón, aínda en pé, construíuse entre 1924 e 1926.

A comezos do século XVII as 12 parroquias actuais pertencían ao Arcebispado de Santiago. Co incremento da demografía desa época, debido á mellora na alimentación conseguida cos produtos chegados de América, as familias nobres de Compostela comezaron a instalarse na zona, exercendo os dereitos sobre as propiedades que adquiriran masivamente desde o século anterior.

O quinto marqués de Santa Cruz de Ribadulla, Juan Ignacio Armada, foi quen dirixiu o Batallón Literario formado en xuño de 1808 para defender a relixión, a patria e o rei. Para consolidar a autoridade moral do marqués, foi investido doutor en todas as facultades da Universidade compostelá.

Durante as guerras Carlistas, o conde de Ximonde, Pedro de Cisneros, puxo a disposición da causa carlista o pazo de Ximonde, en San Miguel de Sarandón, ademais de colaborar transportando armas para as faccións. No pazo de Ximonde elaborouse pólvora, e nel o pintor Cayetano Jordán pintou o escudo carlista, unha bandeira e outros obxectos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vedra.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vedra

Illobre (Santo André) | Merín (San Cristovo) | A Ponte Ulla (Santa María Madanela) | San Fins de Sales (San Fins) | San Mamede de Ribadulla (San Mamede) | San Miguel de Sarandón (San Miguel) | San Pedro de Sarandón (San Pedro) | San Pedro de Vilanova (San Pedro) | San Xián de Sales (San Xián) | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) | Trobe (Santo André) | Vedra (Santa Eulalia)


Lugares de Vedra

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vedra vexa: Lugares de Vedra.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Vedra".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.