Castro Laboreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCastro Laboreiro
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°01′48″N 8°09′31″O / 42.03, -8.1586Coordenadas: 42°01′48″N 8°09′31″O / 42.03, -8.1586
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Viana do Castelo
ConcelloMelgaço
FreguesíaCastro Laboreiro e Lamas de Mouro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie89,29 km² Editar o valor em Wikidata

Castelo de Castro Laboreiro.

Castro Laboreiro é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço situado entre a serra do Laboreiro, a serra da Peneda e a serra de Queguas; a unha altura media duns 1.000 m de altitude. A pesar de ser a freguesía máis extensa de Melgaço, con 89,29 km², só ten unha poboación duns 726 habitantes segundo o censo do 2001, quedando deste xeito cunha densidade de poboación moi baixa, arredor dos 8,1 hab./km².

Foi vila e sede de concello entre 1271 e 1855. Estaba constituído soamente pola freguesía da sede e tiña, en 1801, 1284 habitantes e, en 1849, 1512 habitantes.

A freguesía atópase dentro do Parque Nacional de Peneda-Gerês, nun enclave illado, rodeado por serras que acadan os 1340 m de altitude no Gestoso. Preto deste cumio nace o río Castro Laboreiro ou Barcia que forma un val longo arredor do cal se distribúen os núcleos de poboación, e que serve de fronteira durante un longo tramo duns 15 km con Galiza ata desembocar no encoro de Lindoso.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Festas e romarías[editar | editar a fonte]

  • Señora da Visitação e S. Bento (13 de xullo)
  • Señora dos Remédios (agosto)
  • Santa Isabel-Senhora da Visitação (Vila; primeiro domingo de xullo)
Cantigueiro
  • Heime de casar en Crasto,/ en Crasto me casarei;/ se me non casar en Crasto/ casareime en Recarei [1].
  • Non quero casar en Crasto,/ que é terra de penedos;/ heime casar en Xendive,/ que é terra de moitos grelos [2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88. No orixinal: casaréime. Refírese a Castro Leboreiro, xa en Portugal; Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 111. Xendive é lugar de San Salvador de Torno, no concello de Lobios.