Iago Bouzón
Iago Bouzón | |||
---|---|---|---|
Iago Bouzón en 2015 | |||
Información persoal | |||
Nome | Iago Bouzón Amoedo | ||
Nacemento | 16 de xuño de 1983 (39 anos) | ||
Lugar de nacemento | Redondela | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Gimnàstic de Tarragona | ||
Número | 5 | ||
Carreira xuvenil | |||
Celta de Vigo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1999–2004 | Celta B | 54 | (1) |
2000–2005 | Celta de Vigo | 11 | (0) |
2005–2010 | Recreativo | 115 | (2) |
2010–2012 | Omonia | 21 | (1) |
2012–2013 | Xerez | 28 | (0) |
2013–2015 | Córdoba | 31 | (0) |
2015–2017 | Gimnàstic de Tarragona | 51 | (1) |
Selección nacional | |||
2000 | España sub-16 | 3 | (0) |
2001 | España sub-17 | 2 | (0) |
2003 | España sub-20 | 7 | (0) |
2004 | España sub-21 | 2 | (0) |
2005–2007 | Galicia | 2 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de xullo de 2017. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Iago Bouzón Amoedo, nado en Redondela o 16 de xuño de 1983, é un futbolista galego. Xoga de defensa central e o seu equipo actual é o Córdoba.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse na canteira do Celta de Vigo, xogando no filial as tempadas 2001-02, 2002-03 e 2003-04, cando ascendeu ao primeiro equipo. Co Celta xogou en Primeira División dous encontros nesa mesma tempada: o debut no estadio de Montjuïc e á xornada seguinte en Balaídos contra o Deportivo Alavés. Na seguinte tempada, xa co equipo en Segunda División, disputou sete encontros.
Na tempada 2005-06 xogou cedido no Recreativo de Huelva, onde participou en 24 encontros,en 20 deles como titular. O club onubense demostrou o seu interese por renovar ao xogador e o 19 de agosto de 2006 o Celta e o Recreativo asinaron un acordo de traspaso por catro anos, gardando o Celta a posibilidade de recompra ao segundo.
Permaneceu en Huelva até 2010, cando fichou polo Omonia Nicosia de Chipre.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Participou no campionato de Europa de seleccións sub-15 en Israel. Máis tarde obtivo coa selección española a Copa Meridian de seleccións sub-17, disputada en Bari do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2001, e que enfrontou seleccións europeas e africanas. Foi subcampión do mundo sub-20 coa selección española, no mundial organizado en Arabia Saudita. Tamén foi internacional sub-21 con España.
O 29 de decembro de 2005 Iago Bouzón disputou o partido Galiza-Uruguai que supuxo a recuperación da selección galega de fútbol.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do xogador en futbolme.com (en castelán)
- Datos do xogador en fifa.com Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Datos do xogador en transfermarkt.co.uk (en inglés)
- Nados en 1983
- Deportistas de Redondela
- Futbolistas de Redondela
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores do Xerez CD
- Xogadores do AC Omonia
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21