Francisco Corredoira
Paco Corredoira | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco José Corredoira González | ||
Nacemento | 28 de decembro de 1979 (43 anos) | ||
Lugar de nacemento | Lugo | ||
Altura | 1,72 m. | ||
Posición | Defensa e dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
CD Lugo | |||
Racing Vilalbés | |||
SD Compostela | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2003 | SD Compostela | 63 | (4) |
2003–2005 | SD Eibar | 60 | (5) |
2005–2006 | Numancia | 25 | (1) |
2006–2009 | Racing de Ferrol | 55 | (13) |
Selección nacional | |||
2005 | Galicia | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco José Corredoira González, coñecido como Paco Corredoira, nado o 28 de decembro de 1979 en Lugo é un exfutbolista galego que xogaba en varias posicións, entre elas defensa central, interior e extremo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado nas categorías inferiores da S.G. Comercial e posteriormente no CD Lugo, pasou polo Racing Vilalbés antes de recalar no filial da SD Compostela. Debutou co primeiro equipo en Segunda División na tempada 2000/01, conseguindo ficha do primeiro equipo na tempada seguinte. Xogou en Compostela tres tempadas nas que viviu un amargo descenso a Segunda División B, o seguinte ascenso á categoría de prata e o definitivo descenso por falta de pagamento pese a rematar a tempada na novena posición.
No verán de 2003 fichou polo SD Eibar da Segunda División, onde xogou dous anos a moi bo nivel. Ao rematar estes dous anos fichou polo Numancia de Soria, tamén na división de prata.[1]
No verán de 2006 fichou polo Racing de Ferrol, acadando o ascenso a Segunda no seu primeiro ano. Porén, o club verde só aguantou un ano nesta categoría. Pese á titularidade e ao bo nivel mostrado en Ferrol as continuas lesións lastraron o seu potencial, en especial unha rotura dos ligamentos cruzados no seu segundo ano.[2] Isto levouno a anunciar a súa retirada en 2009 para preparar as oposicións a mestre de educación física de Educación Secundaria.
Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]
No ano 2005 foi convocado para disputar o primeiro encontro da Selección galega moderna, ante a Selección do Uruguai no estadio de San Lázaro, encontro que gañou Galiza por 3-1.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Corredoira es el segundo fichaje y busca entrenador". As (en castelán). 21 de xuño de 2005. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
- ↑ Vázquez, J. (9 de agosto de 2007). "Corredoira estará siete meses de baja por lesión". Marca (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Paco Corredoira". Historias racinguistas (en castelán). Xullo de 2009.
- Nados en Lugo
- Nados en 1979
- Defensas de fútbol
- Dianteiros de fútbol
- Deportistas de Lugo
- Futbolistas de Lugo
- Xogadores do Racing Vilalbés
- Xogadores da SD Compostela B
- Xogadores da SD Compostela
- Xogadores do SD Eibar
- Xogadores do CD Numancia
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia