Falkirk F.C.
Aparencia
(Redirección desde «Falkirk FC»)
| Falkirk | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Falkirk Football Club | ||
| Alcume(s) | The Bairnss | ||
| Fundación | 1876 (149 anos) | ||
| Estadio | Falkirk Stadium, Falkirk, Escocia | ||
| Inauguración | 2004 | ||
| Capacidade | 8.000 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | Scottish First Division | ||
| 2020–21 | 5º | ||
| Na rede | |||
| http://www.falkirkfc.co.uk/ | |||
| |||
O Falkirk Football Club é un club de fútbol escocés da cidade de Falkirk. Foi fundado en 1876 e compite na Scottish First Division.
Historia
[editar | editar a fonte]A data de formación do club é obxecto de controversia, pero o ano 1876 é o usado polo propio Falkirk FC e polos seus seareiros como a data de referencia. O club rapidamente recibiu o alcume de The Bairns, que é un termo escocés co significado de "os nenos". Considerado un equipo de segunda fila, moi poucas veces estivo entre os grandes do fútbol escocés, a última delas dende 2005.
En xaneiro de 2009 ficha polo Falkirk FC o porteiro coruñés Dani Mallo[1].
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]- Datos do 24 de maio de 2010.
|
|
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Maior goleada conseguida: 12-1 contra o Laurieston FC, en partido de Copa, o 23 de setembro de 1893
- Maior goleada encaixada: 1-11 contra o Airdrieonians, o 28 de abril de 1951
- Máximo goleador: Dougie Moran, 86 tantos.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Estes son os mellores resultados acadados polo Falkirk FC ao longo da súa historia:
- 2 veces campión da Copa escocesa, en 1913 e 1957.
- 2 veces campión da Copa Desafío en 2005 e 1998.
- 4 veces vencedor da Segunda división escocesa, en 1991, 1994, 2003 e 2005.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mallo Falkirk bound, Web do Falkirk FC, 16/1/2009