Juan Manuel Cabrejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Juan Manuel Cabrejo Pasantes")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cabrejo
Información persoal
Nome Juan Manuel Cabrejo Pasantes
Nacido 26 de maio de 1975 (45 anos)
Lugar Camariñas
Altura 1,72 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–1997 Betanzos CF
1997–1998 SD Compostela B
1998–2000 SD Compostela 44 (2)
2000–2002 SD Eibar 57 (3)
2002–2003 Elche CF 20 (0)
2003–2004 AD Ceuta 14 (0)
2004–2005 SD Eibar 25 (0)
2005–2009 FC Cartagena 129 (4)
2009–2012 CCD Cerceda
2012–2015 SDC Órdenes
Selección nacional
2005 Galicia 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Juan Manuel Cabrejo Pasantes, nado en Camariñas o 26 de maio de 1975, é un exfutbolista galego que xoga na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando profesionalmente no Betanzos CF pasando despois ao filial da SD Compostela. Debutou co primeiro equipo na tempada 1998/99. No mercado de inverno da tempada 2000/01 fichou polo SD Eibar. Porén ao rematar a tempada cambiou de equipo fichando polo Elche CF, onde tampouco remata contrato ao acabar xogando no AD Ceuta.

No ano 2004 volveu a Eibar, e ao ano seguinte fichou polo FC Cartagena, equipo no que máis tempo seguido estaría e co que afrontou o intento de ascenso a Primeira División varios ano consecutivos.

No 2009 fichou polo CCD Cerceda Terceira División galega. En 2012 volveu cambiar de equipo, esta vez polo SDC Órdenes.

Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]

No ano 2005 foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia, ao ser convocado para disputar o encontro amigábel ante Uruguai no estadio de San Lázaro, cun resultado de 3-1 a favor de Galiza.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2011 saíu escollido concelleiro en Camariñas polo PSdeG-PSOE[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Juan cabrejo, del fútbol a la concejalía de deportes". El Correo Gallego (en castelán). 29 de maio de 2011.