Saltar ao contido

Filgueira de Barranca, Oza Cesuras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Filgueira de Barranca, Oza-Cesuras»)
Filgueira de Barranca
Fervenza da Rexidoira.
ConcelloOza Cesuras[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°09′38″N 8°10′43″O / 43.1606, -8.1785
Poboación127 hab. (2017)
Entidades de poboación15[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Filgueira de Barranca é unha parroquia que se localiza no concello de Oza Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 127 habitantes (70 mulleres e 57 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Filgueira de Barranca é un topónimo latino cunha parte que é un fitotopónimo que fai referencia aos lugares con moitos fieitos, ou filgueiras. A súa orixe dáse entre o século X e XIII.[2][3][4]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Conta, no igrexario, cunha capela románica do século XII reconstruída. Tamén existe no monte de San Gregorio un santuario do século XIII, que serviu de refuxio ao guerrilleiro Foucellas.[Cómpre referencia]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Filgueira de Barranca

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Filgueira de Barranca no concello coruñés de Oza Cesuras

O Amilladoiro | Candieiras | O Cicho | O Codeso | A Costa | Os Cousos | Os Currás | Os Fiaños | O Igrexario | As Nabeiras | O Oural | Piñeiro | A Rexidoira | O Vilar | O Xuaniño

Parroquias de Oza Cesuras

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oza Cesuras

Bandoxa (San Martiño) | Borrifáns (San Pedro) | Bragade (San Mamede) | Carres (San Vicenzo) | Cis (San Nicolao) | Cuíña (Santa María) | Cutián (Santa María) | Dordaño (Santa María) | Figueredo (Santa María) | Filgueira de Barranca (San Pedro) | Filgueira de Traba (San Miguel) | Loureda (Santo Estevo) | Mandaio (San Xiao) | Mondoi (Santa Cruz) | Oza (San Pedro) | Paderne (Santiago) | Parada (Santo Estevo) | Porzomillos (San Pedro) | Probaos (Santaia) | Reboredo (Santiago) | A Regueira (Santa María) | Rodeiro (Santa María) | Salto (San Tomé) | Trasanquelos (San Salvador) | Vivente (Santo Estevo)

  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. Landín Carrasco, A. (1995). Notas de toponimia gallega. Pontevedra: Museo de Pontevedra. T. XLIX. pp. 499–539.
  3. Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
  4. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]