Tamara de Lempicka
Tamara de Lempicka | |
---|---|
![]() Tamara de Lempicka en 1930 | |
Nome completo | Tamara Rozalia Gurwik-Górska |
Nome de nacemento | Maria Górska |
Nacemento | 16 de maio de 1898 |
Lugar de nacemento | Varsovia |
Falecemento | 18 de marzo de 1980 (81 anos) |
Lugar de falecemento | Cuernavaca |
Soterrada | Popocatépetl |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Polonia |
Alma máter | Académie de la Grande Chaumière |
Ocupación | pintora |
Cónxuxe | Tadeusz Lempicki Raoul Kuffner |
Fillos | Kizette de Lempicka-Foxhall |
Irmáns | Adrienne Gorska |
Coñecida por | La belle Rafaëla, sen etiquetar e Autoportrait |
Na rede | |
http://www.delempicka.org/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tamara de Lempicka, nada co nome de Maria Górska en Varsovia o 16 de maio de 1898 e finada en Cuernavaca (México) o 18 de marzo de 1980, foi unha pintora polonesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada no seo dunha familia da alta burguesía, estudou nun internado en Lausana (Suíza), en 1914 marcha a vivir a San Petersburgo cunha súa tía. En 1916 casou cun avogado chamado Tadeusz Lempicki en San Petersburgo, Russia. En decembro de 1917, durante a Revolución rusa, os bolxeviques deteñen ao seu marido, pero ela consegue que o poñan en liberdade e marchan a París, onde ela adopta o nome de Tamara de Lempicka. Estuda arte con Maurice Denis e André Lhote, comeza a expoñer a partir de 1923 e convértese nunha coñecida retratista, desenvolvendo un estilo propio, ás veces denominado cubismo brando, pero que se desenvolve dentro do art déco coas súas texturas e cores frías e duras, gusto pola sensualidade do corpo pero sometido á desintegración xeométrica por medio de círculos e triángulos.
Nas vésperas da segunda guerra mundial, trasládase a Beverly Hills co seu segundo marido, Raoul Kuffner e entra en contacto coas grandes estrelas cinematográficas da época. En 1943 establécense en Nova York. Despois da morte do seu marido en 1962, Tamara trasládase a Houston e comeza a pintar nun novo estilo, que non foi ben recibido e non volveu expoñer máis nunca. En 1978 marchou a vivir a Cuernavaca, México, onde morreu en 1980.
![]() |
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |