Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CCLL")
Sindicato Labrego Galego (SLG)
Sindicato de Galiza
Logo do Sindicato Labrego Galego.jpg
Dirixentes e organización
Líder Isabel Vilalba Seivane
Filiación internacional Vía Campesina
Historia
Fundación 1971
Posicións políticas
Ideoloxía Nacionalismo galego
Esquerda
Agrarismo
Ecoloxismo
Outros datos
Publicación Fouce
Páxina web http://www.sindicatolabrego.com
Lidia Senra, secretaria de relacións exteriores e secretaria xeral entre 1989 e 2007

O Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas (SLG - CC.LL) é un sindicato nacionalista galego de agricultores/as e gandeiros/as. A súa sede central está en Santiago de Compostela e, tras a dimisión de Carme Freire na Dirección Nacional do 14 de xuño de 2012, a súa secretaria xeral é Isabel Vilalba Seivane.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa orixe está nos Comités de Axuda á Loita Labrega creados en 1971 por iniciativa da Unión do Povo Galego[1] que deron orixe ás Comisións Labregas, que a partir de 1973 cobrará protagonismo na loita contra os encoros, mais este sindicato agrario non foi legalizado ata 1977.

En 2009 sufriu unha escisión coa creación da Federación Rural Galega.

Secretarias xerais[editar | editar a fonte]

O primeiro secretarío xeral foi Bernardo Fernández Requeixo. A este seguírono Emilio López Pérez, Lidia Senra Rodríguez (1989-2007), Carme Freire Cruces (2007-2012) e Isabel Vilalba Seivane, actual secretaria desde o 14 de xuño de 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]