Isabel Vilalba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Isabel Vilalba Seivane»)
Isabel Vilalba
Nacemento1975
Lugar de nacementoLourenzá
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónlabrega e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Isabel Vilalba Seivane, nada en Lourenzá en 1975,[1] é unha activista, gandeira e sindicalista galega

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Da nosa esquerda á nosa dereita: Isabel Vilalba, Adela Figueroa, Dora Cabaleiro e Elena Ferro na mesa redonda 'activismos pola sustentabilidade', mantida o 30 de novembro de 2018 na Casa das Letras en Ribadeo, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Neta de agricultores e filla de emigrantes en Suíza[2][3], co-rexenta unha explotación de vacún de leite e fabas en Lourenzá[4]. En xuño de 2012 foi elixida secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. Asemade, foi responsable da Secretaría das Mulleres do SLG.

Forma parte da directiva da Coordinadora Europea da Vía Campesina.

As súas actividades como activista abranguen diversos campos, dende a organización agraria, pasando pola soberanía alimentaria[2] ou contra a minaría extractiva[5].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]