Linares, España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linares, España
Bandera de Linares.svg Escudo de Linares.svg
Hospital de los Marqueses de Linares (Linares).jpg
Fachada do Hospital dos Marqueses de Linares.
Situación xeográfica
Linares en Provincia de Xaén
Linares
Linares
Linares en España
Linares
Linares
País España España
Comunidade Autónoma Andalucía Andalucía
Provincia Bandera de la provincia de Jaén.svg Xaén
Comarca Sierra Morena
Xeografía
Altitude 419 msnm
Superficie 197,5 km²
Poboación
Poboación 59 737 (2015)
Densidade 305,27
Xentilicio linarense
Información
Código postal 23700
Alcalde Juan Fernández Gutiérrez (PSOE-A)
Páxina web ciudaddelinares.es

Linares é unha localidade e municipio situada na provincia de Xaén (Andalucía). Segundo o INE, en 2008 tiña 61.340 habitantes.

Localízase nas estribaciones de Serra Morena e ten unha situación privilexiada por ser encrucillada de camiños e pola súa riqueza agrícola, pecuaria e mineira.

Actualmente Linares é unha cidade moderna, vangardista e ben comunicada en pleno proceso de crecemento que se caracterizou por ser un dos municipios máis importantes de Andalucía debido á súa pioneira e florecente industria. Cos seus 61.340 habitantes é a segunda cidade máis poboada da provincia logo de Xaén capital.

Historia[editar | editar a fonte]

Ruínas do pozo San Vicente na mina de San Miguel.

O asentamento existía desde moitos séculos antes da reconquista co nome de Cástulo, se ben foi no século XI cando unha emigración masiva de poboación para asentarse nos arredores do castelo deu lugar á poboación actual.

O poboado naceu coma un emprazamento estratéxico de Cástulo sobre unha elevación do terreo para vixiar os arredores. Cando a zona foi conquistada polos musulmáns, asentáronse sobre o emprazamento estratéxico romano.

En 1227 Fernando III de Castela conquistou o castelo de Linares, sitio utilizado polos cristiáns durante a conquista de Andalucía, séndolle concedidos durante este tempo privilexios ao poboado respectados polos sucesivos reis de Castela, quedando incluída Linares dentro do territorio de reguengo que formaba a vila de Baeza.

No século XVI Linares pasou por unha etapa de gran crecemento demográfico e económico debido ao pulo agrícola e gandeiro, o que se materializou na obtención de título de Vila de mans de Filipe II.

Nos séculos XVII e XVIII, paralelamente á agricultura e á gandería, comezou a desenvolverse con forza a explotación de miñas de chumbo no municipio. Non obstante, consérvanse no arquivo de Simancas datos sobre a achega de chumbo de Linares xa na construción de El Escorial no século XVI. Dito pulo na minería traduciuse nunha produción de duascentas mil a trescentas mil arrobas anuais, con destino principal como material bélico. Esta bonanza e o seu consecuente crecemento demográfico converten a Linares nun importante núcleo económico en Andalucía durante o século XIX e inicios do XX.

En 1875 o rei Afonso XII, mediante Real Decreto, concede a Linares o título de Cidade.

O desenvolvemento de Linares durante o século XIX e XX non tería lugar sen a existencia do ferrocarril, que permitiu a unión do municipio coa práctica totalidade do territorio nacional, E a inversión de capital estranxeiro, principalmente desde o Reino Unido, o cal modernizou a extracción e deu lugar á existencia de consulados na cidade.

Xa mediado o século XX, compróbase que o chumbo é un material tóxico para algúns dos seus principais usos, coma a fabricación de tubaxes, o que provoca unha caída moi importante do seu valor no mercado, e o paulatino peche das minas en Linares, sendo a mina de La Cruz a última en pechar en 1991, o que puxo punto final a unha importante etapa da cidade e a necesaria conversión da economía da mesma.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Linares, España Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]