Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Eritrea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Eritrea na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Eritrea, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Eritrea ratificou a convención o 24 de outubro de 2001, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

O sitio Asmara: Cidade modernista de África foi o primeiro lugar de Eritrea incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 41ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Cracovia (Polonia) en 2017.[4] É o único sitio de Eritrea declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación natural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Eritrea
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[5]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Asmara: Cidade modernista de África Asmara 2017 1550; ii, iv (cultural)

Lista provisional

[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba na lista provisional.[6] Eritrea mantén un ben na súa lista provisional.

Sitios provisionais
Sitio Imaxe Localización Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición
Paisaxe cultural de Qohaito Rexión de Debub 2011 III, V (cultural) [7]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. UNESCO (ed.). "Eritrea".
  4. UNESCO (ed.). "41th session of the World Heritage Committee". Consultado o 20 de setembro de 2021.
  5. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  6. "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro 2005. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  7. "Paisaxe cultural de Qohaito". Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO (en francés). Consultado o 2023-11-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]