Airways Park, OR Tambo International Airport, South Africa Airways Towers, Johannesburg 2000, South Africa 26-29, Anchor Mansions, Kerk Street, Johannesburg
South African Airways (SAA) é a aeroliña nacional e a máis grande de Suráfrica. Ten a súa sede no Aeroporto Internacional de Johannesburgo-Oliver Reginald Tambo. A compañía voa a 42 destinos de todo o mundo dende o seu centro de operacións no citado aeroporto, usando unha frota de 53 avións. A aeroliña está dirixída polo CEO Monwabisi Kalawe.[1]
South African Airways fundouse en 1934 tras a compra de Union Airways por parte do goberno surafricano. A aeroliña foi inicialmente supervisada e controlada pola administración surafricana de ferrocarrís e portos. Sancións de países africanos que lle prohibiron realizar escalas nos seus aeroportos debido ao apartheid forzárona a mercar avións de longo alcance, entre outras medidas, para contrarrestar esas restriccións. Durante ese tempo tamén era coñecido polo seu nome en lingua afrikaans, Suid-Afrikaanse Lugdiens (SAL), que foi abandonado. En 1997 a aeroliña pasou por un gran programa de renovación, que incluía un cambio de nome, imaxe e librea, ademais da introdución de servizos de venda de billetes a través de Internet. Dende entón a compañía uniuse á Star Alliance, e renovou a súa frota con avións máis modernos. En 2006 SAA separouse de Transnet, a súa compañía nai, para operar como unha aeroliña independente.
En novembro de 2021, nun marco de colaboración estratéxica (SPF), asinado durante unha cerimonia en presenza do presidente surafricano Cyril Ramaphosa e do presidente de Kenya, Uhuru Kenyatta. Kenya Airways e South African Airways agora traballarán xuntos para "aumentar o tráfico de pasaxeiros, as opcións de carga e o comercio en xeral utilizando as forzas de Suráfrica, Kenya e África", explica un comunicado.