Aeroporto João Paulo II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto João Paulo II

IATA: PDL – ICAO: LPPD
Sumario
Tipo público
Propietario goberno de Portugal
Operador ANA Aeroportos de Portugal
Cidade/Illa Ponta Delgada
Localización Relva
Elevación (msnm) 79 metros / 259 pés
Coordenadas Coordenadas: 37°44′31″N 25°41′52″O / 37.741944444444, -25.697777777778
Web aeroportopontadelgada.pt
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12/30 2 497 8 192 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 1 515 479

O aeroporto João Paulo II (IATA: PDLOACI: LPPD) é un aeroporto internacional situado na illa de São Miguel, no arquipélago portugués dos Azores. Atópase a 2 quilómetros ao oeste do centro da cidade de Ponta Delgada e trátase do principal aeroporto dos Azores, ademais de ser o quinto máis grande de Portugal.

Opera voos domésticos regulares cara todas as illas dos Azores, ademais de cara Madeira e o continente (principalmente a Lisboa, Porto e Faro). O aeroporto de João Paulo II Airport tamén opera voos internacionais cara Europa e Norteamérica. É o principal centro de conexións para o grupo de aeroliñas SATA Group, ao que pertencen SATA Air Açores e Azores Airlines, e dende abril de 2015 é unha base para Ryanair.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O aeroporto inaugurouno o presidente portugués Américo Tomás o día 24 de agosto de 1969 despois de que se planease a súa construción seis anos antes, en 1963.[2] No momento da súa apertura era coñecido como aeroporto de Nordela debido á súa localización no extremo norte de Ponta Delgada e a súa pista tiña 1 800 metros de lonxitude. Foi construído para realizar conexións entre as illas e o continente usando un único Boeing 737 de TAP Portugal.[2]

En maio de 1995, na inauguración da nova terminal, o aeroporto recibiu o seu actual nome na honra da visita do papa Xoán Paulo II aos Azores en 1991.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Azores Airlines Boston, Frankfurt, Lisboa, Porto, Praia, Toronto-Pearson
Estacional: Barcelona, Londres-Gatwick, Montreal-Trudeau, Providence
Azores Airlines
operado por SATA Air Açores
Funchal, Gran Canaria
Estacional: Faro
Delta Air Lines Estacional: Nova York-JFK (comeza en maio de 2018)[3]
Germania Estacional: Düsseldorf (comeza en maio de 2018)
Niki Düsseldorf
Primera Air Estacional: Billund, Copenhague, Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Arlanda
Ryanair Lisboa, Londres-Stansted, Porto
Estacional: Hahn
SATA Air Açores Corvo, Flores, Graciosa, Horta, Pico, Santa María, São Jorge, Terceira
TAP Air Portugal Lisboa
TUI fly Belgium Estacional: Bruxelas
TUI fly Netherlands Estacional: Ámsterdam

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ryanair (ed.). "New Base (No.72) In The Azores". Archived from the original on 07 de decembro de 2014. Consultado o 7 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Dias, Fatima (2010). O Aeroporto de Ponta Delgada - João Paulo II, 40 anos de História. Ponta Delgada. 
  3. Delta AIr Lines (ed.). "Delta’s trans-Atlantic schedule brings customers more flights and more destinations". Consultado o 7 de decembro de 2017.