Este artigo amosa escritos coreanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Asiana Airlines Inc. (hangul: 아시아나 항공; RR: Asiana Hanggong; antigamente Seoul Airlines) é unha das dúas maiores aeroliñas de Corea do Sur, xunto con Korean Air. Asiana ten a súa sede no Asiana Town en Osoe-dong, Gangseo-gu, Seúl. A compañía ten o seu centro de operacións doméstico no aeroporto internacional de Gimpo, e o centro de operacións internacional no aeroporto internacional de Incheon, a 70 quilómetros do centro de Seúl.
Asiana é membro da alianza Star Alliance e ofrece 516 voos diarios a Asia, Europa, Norteamérica e Oceanía, operando 14 rutas domésticas e 85 internacionais de pasaxeiros e 20 de carga.