O Aeroporto Internacional de Tampa (en inglés:Tampa International Airport) é un aeroporto internacional público localizado a 11km ao oeste do distrito financeiro de Tampa, no Condado de Hillsborough, Florida, nos Estados Unidos. Este aeroporto é propiedade da Autoridade Aérea do Condado de Hillsborough.[1] Salienta pola súa arquitectura e polo seu deseño Landside/Airside da terminal central conectada por transportes hectométricos a catro estacións satélite e portas, sendo un concepto pioneiro cando se deseñou a finais da década de 1960. O aeroporto tiña o nome de Aeroporto Municipal Drew Field (en inglés:Drew Field Municipal Airport) até o ano 1952.[2]
O aeroporto é empregado por máis dunha vintena de grandes aeroliñas, catro aeroliñas rexionais, e tres transportistas aéreos. Tres das aeroliñas rexionais operan baixo a bandeira das principais compañías aéreas, mentres que a cuarta, Silver Airways, é independente é emprega o aeroporto como centro de operacións. Southwest Airlines opera nunha cidade focal en TPA e transporta a maior proporción de pasaxeiros do aeroporto, operando até 121 voos ó día.[3]
O aeroporto conta con 93 destinos ó longo de América do Norte, América Central, o Caribe e Europa. É un dos dous único aeroportos dos Estados Unidos que conta con voos regulares á catro cidades de Cuba: Camagüey, A Habana, Holguín e Santa Clara. O aeroporto tivo 19624284 pasaxeiro en 2017, sendo o aeroporto número 29 con máis movemento de pasaxeiros de América do Norte.[4]